Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Colexio Rural Clara Torres recibe a medalla de ouro de Tui como exemplo -do ascensor que constrúe sociedades igualitarias-

Carmela Silva reivindica a posta en marcha dun servizo para as familias madrugadoras e destaca o papel das mulleres no impulso á educación

Carmela Silva reivindica a posta en marcha dun servizo para as familias madrugadoras e destaca o papel das mulleres no impulso á educación

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Diciembre de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

“O nome de Clara Torres queda escrito na historia con letras de ouro, este é o verdadeiro valor da medalla que o Concello de Tui tivo a gran idea de dedicar ao Colexio Rural Agrupado Clara Torres”. Así o afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante o acto de entrega do galardón celebrado hoxe na Casa Consistorial tudense e no que tamén participaron o alcalde, Enrique Cabaleiro; o deputado provincial, Carlos López Font, e outras autoridades. O acto, que foi conducido pola concelleira de Educación, Sonsoles Vicente, contou tamén coa presencia do colectivo docente e numeroso público.

 

Carmela Silva reivindicou o valor dos CRA como fórmula axeitada para garantir un dereito tan básico, como a educación, no rural. “Longa vida aos CRA!”, exclamou antes de aproveitar o acto institucional para reivindicar tamén que se dote a este colexio rural tudense dun servizo propio de madrugadoras/es co obxectivo de que as familias non teñan que acudir a outros centros máis afastados. “A educación”, continuou a presidenta, “é o ascensor social que nos permite que a sociedade sexa mellor e máis igualitaria”. “A educación”, concluíu, “non é gasto, senón un investimento irrenunciable, e moito menos no rural, onde precisan de servizos de calidade se é que queremos loitar contra o reto demográfico”.

 

“Sempre hai unha mestra que nos marca”

Na súa intervención, Silva destacou o papel das mulleres no ensino: “sempre hai unha mestra que nos marca”. Neste senso subliñou que Clara Torres foi unha mestra comprometida durante toda a súa a vida na defensa da educación impartida dende o rural. Así, dirixíndose directamente á súa filla e á súa familia, presentes neste acto, afirmou que poden estar “orgullosísimas” porque Clara Torres “deixou un legado en tódalas nenas e nenos que pasaron polas súas mans”. Unha tradición docente en clave feminina que continuou neste CRA nas persoas de Teresa Domínguez “unha gran pedagoga” e, actualmente, con Marta González, “que segue con ese compromiso a prol dun modelo de educación baseado en inculcar pensamento propio, valores e principios para construír unha sociedade na que mereza a pena vivir”.

 

Enrique Cabaleiro lembrou que o CRA Mestra Clara Torres xa obtivera o Premio Escola do Ano 2020 concedido pola Fundación Princesa de Girona e lembrouse do “legado” co que as e os docentes contribuíron a que o CRA de Tui sexa un “referente no eido pedagóxico”. Fixo unha especial referencia a Clara Torres como “promotora incansable da educación no rural e unha adiantada ao seu tempo que concibía a educación como unha labor social que abrangue toda a vida apostando por unha escola aberta ao entorno e ás familias” e tampouco se esqueceu doutras mestras como “Rita Sánchez, Pilar Sanz e Teresa Domínguez”. O alcalde tudense destacou tamén o “esforzo” que desenvolveron as diversas administracións, así como á “totalidade da comunidade educativa do concello que co seu esforzo diario fai posible que sexamos un referente para todo o país”.

 

“Continuar o traballo das miñas antecesoras é como escalar o Everest”

María Teresa Domínguez, antiga directora do centro, fixo unha lembranza do proceso de creación deste CRA. “Sempre quixemos ser un centro que dese resposta ás necesidades da cidadanía do rural e das familias. Tiñamos claro que a educación tiña que ser obrigatoriamente un servizo aos demais”. Subscribindo as palabras de Carmela Silva fixo fincapé na “nova realidade social que precisa de crear novas respostas educativas” e demandou “aulas de madrugadores/as” que, na súa opinión, son “o novo reto que ten o CRA Mestra Clara Torres”. Tamén agradeceu a “colaboración desinteresada de todas as autoridades que estiveron ao longo de todos os anos e deixou claro que o CRA de Tui “vai a seguir formando parte da miña vida para sempre”. Para a actual directora do centro, Marta González, continuar o traballo feito polas súas antecesoras é “como escalar o Everest”. Manifestou que chegou de xeito voluntario a Tui porque “as nenas e os nenos merécenos todo. O CRA precisa dunha atención especial, precisamos axuda para conseguir os servizos dun centro normal”.

 

O CRA de Tui foi creado hai 21 anos diante do risco de peche das aulas disgregadas polo rural deste concello. Uníronse nove escolas unitarias con 13 unidades repartidas en nove parroquias. Conta con 76 alumnas/os de entre tres e seis anos de idade que son atendidos por un corpo docente de 14 persoas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones