Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Comité das Rexións da Unión Europea publica o Informe das Valedoras sobre o impacto do peche da fronteira do Río Miño

O obxectivo do texto é promover medidas de apoio e adoptar mecanismos exclusivos das Eurocidades para evitar situacións como as vividas

O obxectivo do texto é promover medidas de apoio e adoptar mecanismos exclusivos das Eurocidades para evitar situacións como as vividas

Fecha: 13 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Comité das Rexións da Unión Europea @EU_CoR vén de publicar o informe realizado polas Valedoras/Provedoras Transfronteirizas Cerveira-Tomiño. sobre o impacto do peche da fronteira do Río Miño durante a recente crise sanitaria provocada polo Covid-19.

 

A publicación, titulada "O impacto do peche da fronteira do Miño debido á crise do COVID-19, Vila Nova de Cerveira (Portugal) e Tomiño (España)", pode consultarse (en inglés) na seguinte páxina: https://cor.europa.eu/EN/engage/Pages/covid19-stories.aspx?#340.

 

Na mesma, comézase explicando que "a evidencia dun pasado histórico común entre Galiza e Portugal vese claramente na boa relación actual social, económica, administrativa, comercial e cultural. Neste contexto, novas entidades transfronteirizas, coma a Eurocidade Cerveira-Tomiño  ou a AECT Río Miño, promoven a unión das poboacións separadas por apenas 200 metros do río Miño, contribuíndo ao establecemento dun espazo común  con máis igualdade e mellor calidade de vida. Neste contexto, o peche da fronteira durante a crise do COVID-19 provocou cambios significativos nas vidas dos e das residentes da fronteira galego-portuguesa, que nunca se viron nos últimos 30 anos, cortando as súas actividades diarias polo medio. Para reunir e avaliar todos os danos causados, as valedoras/provedoras recolleron información sobre o que significou o peche das fronteiras para unha poboación acostumada a convivir diariamente".

 

Coma se reflicte en dito informe, as alteracións na actividade laboral dos traballadores e traballadoras transfronteirizos polo peche das fronteiras, en termos de distancia, tempo e custos, representa o 45% dos 250 testemuños en primeira persoa, recollidos en apenas catro días a través dun cuestionario publicado no Facebook de Eurocidade Cerveira-Tomiño.

 

En máis de 30 anos, a vida cotiá dos habitantes do territorio transfronteirizo galego-portugués nunca foi tan prexudicada como nos últimos meses de peche das fronteiras, cunha redución da metade de toda a súa dinámica económica e social.

 

Entre as principais perdas mencionadas no informe está o cambio na actividade laboral dos traballadores transfronteirizos da rexión de Miño que, debido á limitación a un único punto de paso na fronteira de Valença e Tui, véronse obrigados a percorrer centos de quilómetros diarios, máis horas na estrada e aumentos de custos para facer as viaxes necesarias para chegar ao traballo.

 

Neste senso, incluíronse varias historias compartidas que evocan a imposibilidade de usar, durante a crise, servizos esenciais, concretamente educativos (colexios) ou saúde pública (consultas médicas e veterinarias) e a indisponibilidade de servizos ou equipos de ámbito deportivo, comercial ou cultural accesibles ao outro lado do río Minho.

 

O texto aborda os efectos económicos negativos do peche da fronteira, ben ao limitar as relacións laborais e comerciais, cunha redución de ata o 70% nos clientes, perdas de emprego ou dificultade para subministrar material para determinadas empresas, así como polos custos extraordinarios derivados da distancia ao punto único aberto ou á necesidade de alugar residencias provisionais. Non obstante, tamén hai cidadáns transfronteirizos con graves dificultades para manter relacións e coidados familiares (familias separadas, persoas maiores sen antecedentes familiares, entre outras).

 

O obxectivo do devandito informe, agora publicado pola UE, é reducir inmediatamente estas perdas, promover medidas de apoio e recuperación específicas para o territorio e adoptar mecanismos exclusivos das Eurocidades para evitar situacións nocivas como as vividas nesta crise.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones