Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O comité educativo traballará nun plan específico para o caso hipotético de corentenas de longa duración

Román Rodríguez explicou que o obxectivo é actuar con antelación e adiantarse a posibles escenarios que, en todo caso, non se contemplan neste momento

Román Rodríguez explicou que o obxectivo é actuar con antelación e adiantarse a posibles escenarios que, en todo caso, non se contemplan neste momento

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Octubre de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O Comité Educativo aprobou hoxe comezar a traballar nun plan específico no que se recollan as medidas que sería necesario aplicar no caso hipotético de que se deba pasar a unha situación de corentena de longa duración, tanto se esta se produce por zonas como a nivel xeral.

 

Neste plan recolleranse os recursos pedagóxicos e tecnolóxicos que se deberán empregar en casos da suspensión da actividade presencial total, e compilaranse asuntos como o seguimento da actividade lectiva ou a avaliación.

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade explicou que o peche total ou por zonas non é un escenario que se contemple neste momento, pero subliñou a importancia de traballar con antelación, adiantarnos e estar preparados. Neste sentido explicou que, unha vez se conte con este plan, de chegar o caso hipotético dunha corentena de longa duración, podería aplicarse de inmediato, dando instrucións precisas e previstas aos centros de ensino desde o punto de vista pedagóxico e organizativo, o que se sumaría así ás instrucións de medidas sanitarias.

 

Este documento incorporarase e actualizará o plan de continxencia elaborado por cada centro ao respecto –seguindo o establecido no Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia  para o curso 2020-2021–e servirá para completalo e melloralo. Neste sentido destacouse o moi bo traballo que realizaron os centros na elaboración destes plans.

 

Protocolo de actividades extraescolares

Román Rodríguez informou, así mesmo, ao Comité educativo de que o Protocolo Complementario de Actividades Extraescolares en centros educativos vén de ser remitido ao Comité Clínico para a súa avaliación. A este respecto engadiu que, unha vez teña o visto bo das autoridades sanitarias, este documento remitirase aos centros, ás asociacións de nais e pais (ANPAs) e aos concellos para que teñan constancia de que estas actividades se poden desenvolver, sempre e cando se cumpran as normas ditadas polas autoridades sanitarias.

 

Neste sentido o conselleiro recordou que a finalidade das recomendacións e protocolos nos que se está traballando desde a Xunta é facer un reforzo da garantía de seguridade sanitaria dos centros de ensino no contexto da covid-19.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí