Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concello da Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas por causa da alarma polo coronavirus

A súa vez o concello prioriza a tramitación do pago de facturas a empresas e autónomos para dotar de liquedez as mesmas.

A súa vez o concello prioriza a tramitación do pago de facturas a empresas e autónomos para dotar de liquedez as mesmas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Marzo de 2020

Fuente: Concello da Guarda

• O concello da Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas con motivo da alarma polo virus COVID-19 para que ningún veciño da localidade teña que facer fronte a pagamentos ao concello mentres dure o estado de alarma.

• A súa vez o concello prioriza a tramitación do pago de facturas a empresas e autónomos para dotar de liquedez as mesmas.

O 14 de marzo declarouse, polo Goberno Central, o Estado de Alarma, inicialmente por 15 días, período que vai ser ampliado ata o 11de abril. Estado de Alarma que é de aplicación a todo o territorio nacional e que se decreta ante a situación de crise sanitaria ocasionada polo virus COVID-19.

Ante esta situación de emerxencia sanitaria o concello de a Guarda adoptou unha serie de medidas para afrontar a situación de crise das que se deu traslado aos diferentes grupos políticos. Estamos diante dunha situación excepcional que require de medidas excepcionais, así o Concello da Guarda adopta e fai público o primeiro paquete de medidas de carácter económico que teñen como obxectivo minimizar, na medida do posible, o impacto negativo desta crise na economía de veciños e empresas na súa relación coa administración local.

Para iso, e despois de ter analizado a situación, o concello de A Guarda adopta as seguintes medidas:

1.-Axilizar o pagamento ás empresas e subministradores do concello para trasladar liquidez aos mesmos. Este pagamento está xa preparado e estamos en condicións de proceder ao mesmo de xeito inmediato.

2.-Retrasar a data da domiciliación de diferentes taxas para despois do remate do estado de alarma.

3.-Ampliar o período de pagamento para a totalidade das taxas e impostos, pasando dun período de 2 meses a tres meses. Retrasar o inicio do imposto de vehículos, que estaba previsto para inicios do mes de abril, ata o 1 de maio.

4.-Asi mesmo o concello de A Guarda procederá á devolución aos particulares do importe correspondente a servizos que non se realizaron como por exemplo as andainas, pilates ou ximnasia senior.

5.-Respecto da escola infantil, non se pasará ao cobro o importe polo tempo que permaneza pechada a instalación. Respecto do conservatorio imos esperar ao pronunciamento das autoridades educativas que están tomando en consideración a ampliación do curso lectivo.

O concello seguirá analizando a situación e terá en consideración outras medidas que poderán ser adoptadas en función de como vaia evolucionando a crise xerada polo COVID-19. Queremos trasladar á cidadanía e as empresas guardesas que, ante a situación excepcional que estamos vivindo, a administración local ten que ser quen de adoptar medidas tamén excepcionais tendo como único horizonte a protección das empresas e dos nos@s veciños e veciñas.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí