Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concello da Guarda aproba a expropiación que permitirá a apertura da rúa Baixo Muro

No último pleno a Corporación do concello da Guarda aprobou por unanimidade seguir avanzando na apertura da rúa Baixo Muro

No último pleno a Corporación do concello da Guarda aprobou por unanimidade seguir avanzando na apertura da rúa Baixo Muro

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Octubre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

  • No último pleno a Corporación do concello da Guarda aprobou por unanimidade seguir avanzando na apertura da rúa Baixo Muro
  • Despois de anos de xestións o alcalde, Antonio Lomba, mostra a súa satisfacción por estar tan cerca de cumprir este importante obxectivo.

 

Despois de anos de procedementos e xestións por parte do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o pleno do concello aprobou por unanimidade, o pasado venres día 30 de setembro, a proposta da alcaldía de expropiar e solicitar a urxente ocupación da propiedade privada que se atopa entre a rúa Baixo Muro e a rúa Ireira.

O obxectivo desta expropiación é que o concello adquira os terreos afectados pola Modificación Puntual número 5 do PXOM, aprobada definitivamente en maio de 2021, para executar a obra de “urbanización da prolongación da rúa Baixo Muro e a súa conexión coa rúa Ireira”.

A apertura da rúa xa conta con financiamento a través do plan concellos da Deputación de Pontevedra 2022-23 e conta tamén con informe favorable de patrimonio. Para poder empezar as obras unicamente será necesario que o Consello de Goberno da Xunta aprobe a declaración de urxente ocupación que se solicita dende o concello da Guarda.

O terreo a expropiar é de 131,7 m2 e non afecta á vivenda con fachada á rúa Ireira. Abarca unha pequena finca, o patio do inmoble e as edificacións auxiliares adicadas a almacéns. A propiedade é nun 66%  privada e nun 33% da Xunta de Galicia. A Xunta fíxose con parte da propiedade ao culminar un procedemento de abintestato promovido polo alcalde en 2016 coa intención de poder negociar o seu traspaso ou compra polo concello, negociación da que a Xunta de Galicia nunca quixo saber.

Coa conexión da rúa Baixo Muro e a Ireira conséguense en palabras do alcalde varios obxectivos: “damos cumprimento a dúas sentencias firmes que datan dos anos 2014 e 2015 relacionadas coa accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, melloramos a asistencia dos veciños da rúa Baixo Muro en casos de urxencia, melloramos a prestación de servizos básicos como por exemplo, limpeza pública e recollida de lixo, convertemos en accesible o itinerario a un dos elementos patrimoniais máis importantes da localidade como é a muralla medieval, e abrimos un novo acceso máis cómodo e rápido á zona comercial para todos os veciños dos barrios do Muro, das Laxes e a súa contorna”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí