Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concello da Guarda aproba a redución nun 25% da taxa de lixo ás actividades que estiveron pechadas por mor do estado de alarma

Amosar polo tanto satisfacción por ter acadado unha solución para multitude de negocios e autónomos para os cales é de xustiza esta modificación.

Amosar polo tanto satisfacción por ter acadado unha solución para multitude de negocios e autónomos para os cales é de xustiza esta modificación.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, amosaba no día de hoxe a súa satisfacción por ter acadado o acordo unánime da corporación municipal na proposta de alcaldía en relación coa redución nun 25% da taxa de lixo para aqueles autónomos e actividades económicas que estiveron pechadas durante o Estado de Alarma.

 

Hai que sinalar que dende o concello se leva traballando nesta materia dende o establecemento do confinamento que obrigou a moitos autónomos a pechar os seus negocios. A busca centrouse na procura  dunha  xustificación  legal que posibilitase adoptar esta medida, xa que o informe de tesourería emitido o 25 de maio  do 2020 non posibilitaba poder prorratear a taxa de lixo e non cobrar polo período no que as actividades económicas  non se puideron desenvolver. 

 

Sí se actuou sobre a taxa de auga,  adaptando a estimación de consumo no caso das actividades de carácter comercial ou industrial  que non puideron exercer a súa actividade segundo o  Real Decreto Lexislativo 463/2020 polo que se declaraba o Estado de Alarma.

 

O concello, a través  do departamento de Tesourería  seguiu traballando na busca dunha solución ao que se consideraba por parte do Alcalde, Antonio Lomba, e do equipo de goberno unha obriga, xa que non entendíamos como se podía cobrar cando moitas actividades non puideron recibir a prestación do servizo de recollida de lixo ao estar obrigados ao peche.

 

Foron moitas as consultas a diferentes concellos na procura dunha solución posibilista que abrise á porta á modificación desta taxa de lixo.  Esta mesma semana nunha reunión entre o alcalde e o tesoureiro se daban instrucións de modificación da ordenanza reguladora da taxa de lixo,  despois de coñecer unha posible saída legal establecida polos técnicos da Deputación de Pontevedra. Quixeramos recoñecer que nun prazo de tempo moi curto se preparou, por parte dos servizos  técnicos municipais, a documentación necesaria para poder ter esta aprobación plenaria.

 

Amosar polo tanto satisfacción por ter acadado unha solución  para multitude de negocios e autónomos para os cales é de xustiza esta modificación.

 

A aprobación definitiva da modificación da ordenanza, dada a premura de tempo, non será posible se se presentan alegacións ao texto.

 

Finalmente, para acceder a estas axudas os empresarios disporán do mes de xaneiro para presentar a documentación requirida.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí