Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concello da Guarda comeza o procedemento de licitación da piscina municipal a pesar da oposición do PP e Converxencia Galega

Dende o goberno guardés transmítese unha mensaxe de tranquilidade aos empregados e usuarios da piscina indicándolle que a continuidade do servizo está asegurado.

Dende o goberno guardés transmítese unha mensaxe de tranquilidade aos empregados e usuarios da piscina indicándolle que a continuidade do servizo está asegurado.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Octubre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O comezo do expediente de licitación da explotación e mantemento da piscina municipal da Guarda necesitou da aprobación plenaria do estudo de viabilidade económico-financeira.

Este estudo é un documento técnico elaborado polos servizos económicos do concello cos datos subministrados pola empresa que actualmente presta o servizo.

A Guarda a 24 de outubro de 2022. Coñecedores da renuncia da empresa prestadora do servizo á prórroga que lle permitiría continuar co contrato, o equipo de goberno do concello da Guarda, comezou, a primeiros de 2022, as xestións para unha nova licitación da explotación e mantemento da piscina. Así, en marzo deste mesmo ano contrataba a “Redacción Estudo e Pregos da Piscina Municipal”.

Coa documentación froito do estudo encargado en marzo e a aportada pola empresa que presta actualmente o servizo, o departamento económico do concello elaborou un documento de viabilidade económico-financeira que foi aprobado no pleno do pasado venres 21 de outubro e que será sometido a información pública durante un mes como paso previo a redacción e publicación dos pregos de licitación.

O equipo de goberno sacou a aprobación do estudo de viabilidade adiante no pleno co apoio do BNG. De non contar cos seus votos favorables a licitación do novo servizo da piscina estaría en suspenso tal e como pretendían o PP e Converxencia Galega. O goberno municipal considera que o intento de entorpecemento destes dous grupos foi unha irresponsabilidade que podía traer graves consecuencias. Xusto as que o PP anunciara nunha nota de prensa fai uns días cando publicaba que, “a empresa que xestiona a piscina municipal da Guarda deixará de prestar servizo o 31 de outubro salvo que se inicie a elaboración dun novo concurso de xestión”. Inicio do concurso que o propio PP tratou de entorpecer.

Para garantir o funcionamento da piscina mentres dure o procedemento da nova licitación o alcalde da Guarda acadou un acordo coa empresa que presta o servizo na actualidade. Dende o goberno guardés transmítese unha mensaxe de tranquilidade aos empregados e usuarios da piscina indicándolle que a continuidade do servizo está asegurado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí