Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello da Guarda desbroza a estrada de Circunvalación ante a inacción da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia aínda non comezou as tarefas de desbroce na estrada de Circunvalación ao Monte Trega co que se produce un aumento da perigosidade na vía

A Xunta de Galicia aínda non comezou as tarefas de desbroce na estrada de Circunvalación ao Monte Trega co que se produce un aumento da perigosidade na vía

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O concello da Guarda ten demandado da Xunta de Galicia, en numerosas ocasións, obras de mellora na estrada de Circunvalación ao Monte Santa Trega, a PO-352. Estas obras pasan, segundo o alcalde, Antonio Lomba, polo ancheamento da estrada e a construción dunha senda peonil e ciclable para dar seguridade ao vial, tanto para desprazarse a Camposancos e as praias como para facer deporte.

Á vista do inmobilismo da Xunta diante dunha actuación que ten como fin principal dotar de seguridade viaria unha estrada que resulta perigosa pola súa limitada anchura nalgúns tramos e polas numerosas persoas que a usan, o concello da Guarda redactou un anteproxecto para a “Senda de Circunvalación ao Monte Trega”.

O concello está dando a coñecer este documento en busca de financiamento para esta actuación tan importante para a localidade. O escrito foi entregado á Xunta, está incluído nun plan de Sostibilidade Turística en Destino e mesmo se fixo chegar a demanda a AECT Río Miño en busca de fondos.

Todo o anterior cobra especial importancia cada comezo de verán, cando a Xunta, sabendo das deficiencias da estrada de Circunvalación, atrasa o desbroce das súas cunetas e non o executa ata que, dende o concello, se insiste ata a saciedade e a situación xa é insostible.

O alcalde declaraba est mércores que: “este ano, a 6 de xullo, a Xunta aínda non comezou as tarefas de desbroce en Circunvalación. A pesar de que resulta evidente que a situación se volve mais perigosa día a día. Diante desta situación de abandono hoxe mesmo ordenei comezar as tarefas de desbroce das zonas máis perigosas da estrada por conta do concello. Unha vez máis, a Xunta de Galicia fai deixación das súas funcións deixando aos veciños da Guarda sen os servizos aos que temos dereito".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí