Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda disporá este ano dun Orzamento expansivo e social, que alcanza os 7.685.000 euros, e que se enriquecerá con alomenos 5.002.808 euros en transferencias doutras administracións para afrontar ata 14 investimentos

As contas, que veñen de ser aprobadas inicialmente polo pleno, medran en máis dun millón de euros con respecto ás do goberno anterior, o que supón un 16% de suba, e cunha importancia especial para Servizos Sociais, que case duplica a súa partida

As contas, que veñen de ser aprobadas inicialmente polo pleno, medran en máis dun millón de euros con respecto ás do goberno anterior, o que supón un 16% de suba, e cunha importancia especial para Servizos Sociais, que case duplica a súa partida

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Marzo de 2024

Fuente: PP da Guarda

  • As contas, que veñen de ser aprobadas inicialmente polo pleno, medran en máis dun millón de euros con respecto ás do goberno anterior, o que supón un 16% de suba, e cunha importancia especial para Servizos Sociais, que case duplica a súa partida
  • O alcalde, Roberto Carrero, sostén que este orzamento “é o que precisa A Guarda tras anos de retroceso, xa que se centra en atender os veciños e en emprender os nosos proxectos estratéxicos para este mandato municipal”

O Concello de A Guarda vai dispoñer no presente ano dun Orzamento expansivo e social, que alcanza os 7.685.000 €, e que se vai enriquecer con alomenos 5.002.088 € procedentes das transferencias de capital doutras administracións públicas para afrontar ata 14 investimentos considerados estratéxicos e fundamentais para o desenvolvemento e o benestar dos guardeses.

As contas, que veñen de ser aprobadas inicialmente polo pleno co voto favorable do goberno local, medran considerablemente con respecto ás do anterior executivo socialista, xa que contan cun millón de euros máis, o que supón unha suba do 16% en comparación cos 6.624.541 euros do orzamento prorrogado que estivo operativo no período 2021-2023.

Por elo, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, amosou a súa satisfacción por ofrecerlle aos veciños un proxecto económico “que si vai poder atender as súas necesidades dunha vez por toda e mellorar a súa calidade de vida a través de infraestruturas e servizos públicos grazas ao importante incremento da contía e a cifra millonaria de investimentos”.

“Tras anos de parálise e retroceso, estamos ante o Orzamento Municipal que precisa A Guarda, xa que se centra exclusivamente nos guardeses e en emprender os nosos proxectos estratéxicos para este mandato municipal”, significou Carrero, que puxo como exemplo da atención veciñal como prioridade o feito de que a partida de Servizos Sociais practicamente se duplique ata superar claramente o medio millón de euros.

En todo caso, os aumentos nas partidas, grazas á xestión do goberno local, son xeralizados, e rexístranse con forza en Vías e Obras, Cultura, Xuventude, Deportes ou Turismo, entre moitas outras. Así, entre os aspectos máis destacados deste orzamento atópanse os seguintes:

  1. Soldos e Salarios dos Traballadores: Destaca un aumento substancial nesta partida, pasando de 2.703.000 € a 3.257.524 €, o que representa un incremento de 553.000 €. Este aumento corresponde ao 10% da subida dos Orzamentos Xerais do Estado para os anos 2022-2023-2024, ademáis da subida acordada no convenio colectivo para o persoal laboral.
  2. Servizos Sociais: Asígnanse recursos adicionais a este sector vital, cun incremento significativo na partida do Servizo de Axuda no Fogar, que pasa de 294.000 € a 535.000 €, reflictindo un aumento de 240.000 €.
  3. Vías, Obras e Estradas: Priorízase a mellora da infraestrutura urbana e das parroquias, cun aumento destas partidas de 120.000 € a 178.000 €, incrementándose en 58.000 €.
  4. Cultura: Fortalécese o apoio ás actividades culturais do pobo, cun aumento na partida orzamentaria que pasa de 30.000 € a 57.000 €, representando un incremento de 27.000 €.
  5. Area de Xuventude: Asígnanse recursos adicionais para o funcionamento da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), cun aumento da partida orzamentaria de 12.000 € a 26.000 €, reflictindo un incremento de 14.000 €.
  6. Actividades Deportivas e Eventos deportivos: Increméntase os gastos correntes en actividades e eventos deportivos, cun aumento na partida orzamentaria que pasa de 22.800 € a 45.000 €, reflictindo un aumento de 22.200 €.
  7. Turismo: Poténciase o sector turístico cun aumento na partida orzamentaria destinada a promover actividades turísticas e o desenvolvemento do sector, pasando de 47.000 € a 64.000 €, representando un incremento de 17.000 €.

No que se refire aos investimentos, aos algo máis de 5 millóns procedentes doutras administracións engadiranse os 61.000 reservados polo Concello dos fondos propios para alcanzar unha cantidade inicial de 5.063.445 euros, “que podemos calificar de histórica no Concello da Guarda e que queremos aclarar que supón só un punto de partida, porque somos moi autoesixentes para darlle o mellor aos guardeses e imos traballar arreo durante todo o ano para seguir conseguindo fondos e incrementar aínda máis estes investimentos”, apostillou o alcalde.

A relación dos principais investimentos do Concello da Guarda para este ano 2024 é a seguinte:

DESCRICIÓN INVESTIMENTOS

IMPORTE

 

 

Traslado da ubicación do Punto Limpio. (Primeiro paso para a realización da nova Zona Deportiva).

319.311,99 €

Praza de Abastos. Remodelación.

172.365,58 €

Rúa Coruña.

316.969,08 €

Plan de sostibilidade Turística en destino.

1.000.000,00 €

Piscina municipal. Reforma.

1.573.655,65 €

Camiño escolar seguro.

248.069,03 €

Reconstrución de muros. Danos causados polas inundacións.

85.007,19 €

Rede de saneamento de Area Grande. Danos causados polas inundacións.

16.169,97 €

Renovación da rede de auga potable no camiño Judela e na rúa Portela.

131.637,06 €

Edificio Sinde. Reforma integral Bloque 1.

1.038.094,14 €

Pavimentación do camiño Salgueiró-Camposancos. Aportación 2024.

49.187,01 €

Renovación Rede Saneamento Salgueiró.

47.230,86 €

Adquisición Vehículos para Servizos Varios.

60.636,94 €

Lavadoiro Pintán.

5.110,53 €

 

 

TOTAL

5.063.445,03

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí