Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello da Guarda establece un plan de actuación para retomar a atención presencial dos servizos municipais no contexto do covid 19

O concello da Guarda primará o teletraballo nos servizos administrativos, a través da sede electrónica, vía telefónica e por correo electrónico.

O concello da Guarda primará o teletraballo nos servizos administrativos, a través da sede electrónica, vía telefónica e por correo electrónico.

Fecha: 14 de Mayo de 2020

Fuente: Concello da Guarda

Este martes, 12 de maio, reuníronse no salón de plenos do concello da Guarda a Mesa de Negociación para dar traslado dos traballos que se están realizando por parte do equipo de goberno dende o inicio do estado de alarma, o 14 de marzo, e tamén da elaboración de protocolos previos á reapertura de determinados servizos. Esta semana procedeuse a atender, con cita previa, na Biblioteca Municipal, no Punto Limpo, así como na Casa do Concello.

Nesta reunión, o alcalde, Antonio Lomba, trasladou aos membros do comité de empresa e aos representantes dos sindicatos a elaboración dun protocolo de servizos administrativos, elaborado por funcionarios municipais, documento que se remitiu aos traballadores e que está aberto ás modificacións que sexan necesarias para adaptarse á situación cambiante que xera o coronavirus. Neste documento se establece como forma de traballo preferente o teletraballo, que foi a fórmula que se adoptou dende o inicio de estado de alarma por parte dos servizos administrativos do concello, facéndoo compatible co necesario traballo presencial, para atender as necesidades dos veciños da localidade, a través de cita previa para evitar o risco de contaxio. Hai que sinalar que outros departamentos do concello, considerados esenciais, están traballando de xeito presencial dende o inicio do estado de alarma, tales como servizos sociais, policía local, Ges, persoal de servizos de recollida de lixo, limpeza viaria e vías e obras.

Tamén se informou da elaboración dun protocolo para a implantación de medidas preventivas nos diferentes edificios ou lugares onde se reinicia a actividade, a este protocolo guía se irán incorporando, como anexos, protocolos específicos como o do albergue, biblioteca ou oficina de turismo, entre outros. Para esta adecuación o concello da Guarda ten establecido unha liñas de actuación para posibilitar a distancia social de 2 metros. Procedeuse a compra de mamparas, determináronse uns itinerarios de seguridade, reforzouse a limpeza e desinfección non inmobles e colocáronse dispensadores de hidroxel, entre outras medidas.

A resposta da cidadanía a este retorno está sendo moi positiva, facendo uso maioritario da atención telefónica e con cita previa, posibilitando que non se produzan acumulación de persoas, nin colas de espera e permitindo unha atención adecuada do servizo.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones