Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concello da Guarda licita as obras de reforma e adecuación das dependencias da policía local

Para o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, esta é unha actuación moi importante, posto que ven a mellorar as condicións de traballo dos membros da Policia Local

Para o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, esta é unha actuación moi importante, posto que ven a mellorar as condicións de traballo dos membros da Policia Local

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Junio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda ven de recibir a aceptación, por parte da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, dunha axuda por importe de 39.813,19€ para a Reforma e adecuación á norma das  dependencias da Policía Local.

 

Producirase a execución simultánea das obras en convivencia co uso alternativo das instalacións e das distintas dependencias que iran renovándose alternativamente conforme a o plan deseñado para permitir o mantemento da actividade policial, cas menores inxerencias posibles, tanto para traballadores coma para os cidadáns.

 

Con esta reforma nas dependencias pretendese habilitar, a maiores da renovación das mesmas, mellorar a zona de atención o público, cun espazo para oficinas e un espazo para sala de Xuntas que, xunto cos vestiarios, conforman unhas instalacións desta categoría.

 

En total pretendese ampliar as infraestruturas existentes ata os 183m2, con dúas oficinas, vestiarios diferenciados para homes e mulleres, almacén e sala de xuntas, empregando parte das vellas instalacións de Servizos Sociais. 

Para o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, esta é unha actuación moi importante, posto que ven a mellorar as condicións de traballo dos membros da Policia Local, nunhas instalacións que precisaban unha urxente rehabilitación e adaptación aos tempos que corren, o que permitirá prestar un mellor servizo a toda a cidadanía guardesa. 

O orzamento desta licitación é de 47.00,94 € sen IVE (o orzamento con IVE é de 56.875.98 €). O prazo de execución das obras é de 45 días hábiles. Os pregos administrativos que rexen esta licitación así como o proxecto están a disposición dos interesados no Perfil do contratante da Sede Electrónica do Concello da Guarda e na Plataforma de Contratación do Sector Público. Finalmente, o prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro día 25 de xuño.

 

Datos da licitación

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí