Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello da Guarda pon en xogo a saúde da cidadanía guardesa non sinalizando correctamente as fontes públicas

Tralo aviso de varios veciños e veciñas comprobamos que nas pasadas semanas o Concello da Guarda colocou uns carteis en varias fontes públicas da Guarda moi populares pola cidadanía

Tralo aviso de varios veciños e veciñas comprobamos que nas pasadas semanas o Concello da Guarda colocou uns carteis en varias fontes públicas da Guarda moi populares pola cidadanía

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Marzo de 2024

Fuente: PSOE A Guarda

  • Tralo aviso de varios veciños e veciñas comprobamos que nas pasadas semanas o Concello da Guarda colocou uns carteis en varias fontes públicas da Guarda moi populares pola cidadanía, como poden ser a fonte da Cal, a de Buxán ou a de Pintán. Ditos carteis conteñen o seguinte texto:  “AUGA SEN GARANTÍA SANITARIA. Auga sen tratamento de desinfección, procedente de fonte natural. O Concello no pode garantir a súa calidade.”

 

Estes carteis están xerando dúbidas nas persoas usuarias destas fontes respecto a se a auga das mesmas se pode consumir con tranquilidade ou non, xa que o cartel utilizado non resulta demasiado acaído, mostrando unha billa riscada en vermello, o que da a entender que a auga non se pode consumir, pero por outro lado tampouco figura unha prohibición expresa, e por suposto non se aporta ningunha información sobre analíticas recentes e calidade da auga.

 

Sumado a isto cabe dicir, que das últimas análises realizadas, cónstanos que unha das fontes, concretamente a de Fonte Bieita, resultou non ser apta para o consumo humano. Sen embargo na fonte poden atoparse dous carteis: un sería o nomeado anteriormente, e o outro é un cartel de “Auga non potable”. Se a auga desa fonte non é potable, debería estar unicamente colocado o cartel de “Auga non apta para o consumo humano” que indica a nova normativa de Sanidade. Doutra forma estase a xerar, sen necesidade, unha sensación de incertidume na veciñanza.  

 

Por último gustaríanos comentar que tras visitar todas as fontes da Guarda, para comprobar o que nos comentaban os veciños, comprobamos que a maioría delas non contan con ningún cartel informativo (Netos, San Amaro, Torroso, A Poza, Santa Catalina, San Queitano, A Piollosa, etc.).

 

Segundo o Plan de autocontrol e sinalización de fontes que se empregan como fonte de auga de consumo da Dirección Xeral de Saúde Pública, os concellos deben levar a cabo analíticas periódicas da auga, e tamén están obrigados a sinalizalas.

 

Unha vez mais asistimos asombrados/as á falta de responsabilidade deste goberno, que deixa a criterio da cidadanía consumir ou non a auga das fontes públicas, ou inclúe carteis que dan lugar a confusión.

 

Pola nosa parte, aparte de denunciar a situación publicamente, acabamos de presentar unha moción para o próximo pleno coa intención de que o equipo de goberno se tome máis en serio este tema e na que solicitaremos que todas as fontes públicas conten cun cartel no que se indique o tipo de auga: “Auga apta para o consumo”, “Auga non apta para o consumo” ou “Auga sen garantía sanitaria”.

 

E tamén pediremos que naqueles casos nos que as fontes non conten con tratamento de potabilización (Auga sen garantía sanitaria), especialmente naquelas nas que se teña constancia de que a veciñanza adoita recoller auga para consumo humano, ademais do cartel indicado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, instalarase outro no que se indique a data do último análise e os resultados obtidos, indicando se a auga se considera ou non apta para o consumo humano, expresado dun xeito que poda ser comprensible para toda a cidadanía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí