Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello da Guarda presenta o orzamento para o 2021

O novo orzamento supera os 7 millóns de euros, cun importante incremento en Servizos Sociais.

O novo orzamento supera os 7 millóns de euros, cun importante incremento en Servizos Sociais.

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello da Guarda

  • O novo orzamento permitirá facer fronte aos problemas derivados de estar traballando co orzamento prorrogado de 2018.
  • O novo orzamento supera os 7 millóns de euros, cun importante incremento en Servizos Sociais.

 

O equipo de goberno do concello da Guarda presentará este venres 18 de decembro os  orzamentos  do próximo exercicio para a súa aprobación inicial polo Pleno Municipal.

 

O pasado mes de outubro comezaron os traballos de confección dun novo orzamento para o exercicio 2021, xa que o concello estaba traballando co prorrogado do ano 2018 e se atopaba con moitos problemas e moitas limitacións á hora de solucionar determinadas necesidades da veciñanza. Dende o mes de outubro se trasladou información aos diferentes grupos municipais e houbo reunións cos grupos que así o propiciaron coa vontade de chegar a acordos.

 

Co novo orzamento, que supera os 7 millóns de euros, o concello vai poder afrontar subvencións de diferentes administracións que requiren aportación municipal para poder levalas a cabo. Contempla tamén a transferencia á Xunta de Galicia por 281.294€ que é a aportación municipal para a construción da nova Escola Infantil, que está nestes intres en proceso de licitación.

 

Estes orzamentos contemplan un importante  esforzo orzamentario  na partidas de servizos sociais que superan a cifra de 616.000€,  producíndose un importante  incremento de máis do 40% dos recursos adicados a este departamento, onde o concepto que experimenta a maior suba é o que se refire á atención das persoas dependentes. O incremento do número de horas que se prestan ao coidado das persoas maiores fan que sexa necesario dotar máis crédito para poder afrontar a execución do gasto. Tamén  hai un incremento do 20% nas partidas adicadas a emerxencia social.

 

Así mesmo, estes orzamentos prevén a cobertura de novas necesidades ocasionadas pola pandemia e que terán que ser afrontadas no 2021.  Entre outros destacamos os  gastos ocasionados pola necesaria desinfección de espazos públicos, mantemento e reforzo de limpeza en espazos naturais,  acondicionamento de sendas, material de protección ante a covid  e o reforzo de limpeza  para a desinfección en escolas e centros educativos do municipio.

 

En definitiva,  continuar traballando co orzamento de 2018 suporía non atender ás actuais demandas e paralizar o concello.  Co novo orzamento o equipo de goberno pretende  satisfacer as necesidades da veciñanza por medio da prestación dos servizos que son competencia municipal, afrontar os retos que prantexa o 2021 e respostar ás diferentes  problemáticas que orixina ter que convivir coa pandemia orixinada polo Covid.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones