Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello da Guarda reactiva a obra pública e as contratacións de Persoal

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, trasladou na reunión de portavoces que o concello ten impulsado obra nova e está tramitando novos expedientes de contratación de inversións para a localidade

Estase facendo un importante esforzo para activar a selección do persoal do plan concellos da que quedara pendente coa declaración do Estado de Alarma

Fecha: 20 de Mayo de 2020

Fuente: Concello da Guarda

As obras que se están desenvolvendo nestes momentos na localidade afectan a rúa San Queitano e a rúa Cal. Está pendente de rematar a primeira fase do plan de accesibilidade no seu tramo correspondente a rúa Galicia, nesta rúa están pendentes de elevar varios pasos de peóns.

Ademais iniciáronse as obras da rotonda da praia do Muíño, obra que licitou a Deputación de Pontevedra, que permite a unión da senda litoral coa senda da desembocadura do Miño.

O concello da Guarda está impulsando a contratación de obras, que contan con dispoñibilidade financeira, e que son importantes para o executivo local debido a que constitúen un revulsivo para a actividade económica, afectando de xeito directo á contratación e xeración de postos de traballo e, de xeito indirecto debido a incidencia que teñen noutros sectores pola adquisición de materiais, aluguer de maquinaria, etc.

Nestes intres dende o departamento técnico do concello se está a tramitar a obra da rúa Calvario (terceira fase), a renovación de beirarúas na baixada a Fedorento e fronte ao estadio municipal da Sangriña, peche perimetral do colexio infantil de Solanas, a reforma do entorno dos contedores soterrados no inicio da rúa Porto, asfaltado da rúa Pintán e do camiño do Campamento, dotación de luminarias en Bouza da Fonte e rúa Vigo, substitución de barandas no parque de Laxe Grande, melloras no interior da piscina municipal e a reposición dos tellados das dúas vivendas castrexas.
Por outra banda, retomouse o proceso de selección de persoal, dentro da liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, persoal que é necesario para reforzar determinados servizos como a recollida do lixo, limpeza de praias ou desbroces de rúas.

Normalmente este persoal se contrata por un período de 9 meses pero ante a declaración do Estado de alarma suspendéronse os procesos selectivos, o concello ante a nova situación de desescalada decidiu reactivalos para posibilitar a contratación de persoal no prazo de tempo máis curto posible.

Con estas medidas o concello da Guarda manifesta o seu compromiso e impulso decidido, na medida das súas posibilidades, para reactivar a obra pública e o emprego.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones