Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello da Guarda rexeita o modelo eólico da Xunta de Galiza

A proposta presentada polo BNG contou co apoio unánime da Corporación

A proposta presentada polo BNG contou co apoio unánime da Corporación

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Junio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, aprobou por unanimidade a moción presentada polo BNG para rexeitar o modelo eólico da Xunta de Galiza. No texto da moción afírmase que a expansión eólica sen precedentes que se está levando a cabo,  faise   sen control público e sen respecto polo noso patrimonio e  medio natural. Incide  ademais que  en moitos casos lévase adiante  a través dunha fraudulenta fragmentación dos proxectos en proxectos máis pequenos para ocultar o seu verdadeiro impacto.

 

O Concelleiro nacionalista Xosé Manuel Méndez, encargado de defender a proposta, nun momento da súa intervención afirmou “ este modelo non está feito para beneficiar as comunidades de montes, nin aos Concellos, nin para industrializar este país, nin para baixarnos o recibo da luz aos galegos e galegas, está feito para que unha vez máis poñamos  o nos territorio ao servizo das grandes eléctricas, que ven na enerxía verde un grandísimo negocio para seguir sumando dividendos”.

 

O acordo plenario recolle que se debe aprobar un novo plan sectorial eólico que conte cunha ampla participación dos axentes implicados (asociacións agrarias, ecoloxistas, sindicais, centros de investigación e comunidades de montes).

 

Esixe tamén que as novas instalacións se vinculen a proxectos industrias que xeren riqueza e  emprego no país.  Defende asimesmo o incremento da vixilancia medioambiental para evitar as afectacións negativas ao patrimonio natural e a biodiversidade.

 

Destaca ademais a necesidade de impulsar as medidas que garantan a socialización dos beneficios apostando pola constitución dunha empresa pública galega de enerxía que fomente a participación da Xunta e dos  concellos galegos así como dos propietarios das terras e comunidades de montes para que a riqueza que produce reverta  no noso país.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí