Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello da Guarda traballa cos diferentes sectores para apoiar a recuperación económica na era post-Covid-19

Os establecementos interesados en participar nesta formación poden inscribirse ata o xoves 11 de xuño a través de do enderezo electrónico turismo@aguarda.es ou no teléfono 620 795 901.

Os establecementos interesados en participar nesta formación poden inscribirse ata o xoves 11 de xuño a través de do enderezo electrónico turismo@aguarda.es ou no teléfono 620 795 901.

Fecha: 09 de Junio de 2020

Fuente: Concello da Guarda

Dende o comezo da desescala e co inicio da volta a nova normalidade, o Concello da Guarda ven de reunirse cos diferentes sectores comerciais e do tecido económico da vila  promovendo ademais accións de recuperación tralo Covid-19 para apoiar a economía e a reactivación turística da vila.

 

Xa dende o inicio da pandemia, apoiouse ós diferentes sectores comerciais no reparto de material de protección para os traballadores e na difusión a través das redes sociais, de aqueles establecementos que ofertaban reparto a domicilio.

 

Traballouse tamén durante o confinamento para que dende a semana pasada na Guarda arrancara o Marketplace www.mercanaguarda.com, que pretende funcionar como un gran mercado virtual onde estean representados aqueles comercios, negocios de restauración, postos do mercado municipal e incluso autónomos/as ou empresarios/as do sector primario da localidade que desexen vender os seus produtos de forma online, non só a nivel local senón tamén no resto de España e Portugal.

 

Tamén se teñen realizado accións e e traballado en diferentes medidas económicas, entre elas, a de posibilitar a ampliación de terrazas e a eliminación das taxas das mesmas no 2020.

 

Para poder escoitar e valorar as diversas accións que se levarán a cabo durante este verán 2020 de cara ó turismo e a reactivación económica, o Concello da Guarda reuniuse co sector da Pastelería-Panadaría o pasado martes 12 de Maio. Nesta reunión, na  que estaban presentes a Técnica de Turismo, a Concelleira de Turismo e a Concelleira de Desenvolvemento Local, valorouse retomar a promoción do noso produto doce por excelencia, a Rosca de Xema da Guarda, creada no seo da Pastelería Montserrat no ano 1956.

 

O día 3 de Xuño foi o día no que se reuniron Hostaleiros, Cafeterías e Bares, para poder valorar conxuntamente posibles accións enfocadas a un turismo de proximidade e foráneo, ademais de escoitar as súas demandas e dúbidas xeradas pola "nova normalidade". Así, nesta reunión, unha das iniciativas que xurdiron foi a de recibir asesoramento e formación para afrontar esta nova situación nos seus establecementos. Dita formación, será levada a cabo o próximo luns día 15 de xuño e todos os interesados nesta formación contarán con asesoramento durante o verán para resolver futuras dúbidas, ante a previsión de cambios na desescalada ou nova normalidade.

 

Os establecementos interesados en participar nesta formación poden inscribirse ata o xoves 11 de xuño a través de do enderezo electrónico turismo@aguarda.es ou no teléfono 620 795 901.

 

Tal e como se anunciou a pasada semana, A Guarda contará tamén cunha comisión especial para a reactivación económica formada por representantes de diferentes sectores da vila, que traballará de xeito coordinado co equipo de goberno para buscar solucións apoiar aos negocios locais nestes duros momentos.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones