Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda utiliza os seus aforros para investimentos

A Guarda, co remanente de tesourería positivo xerado no exercicio de 2020, decide acometer unha serie de obras e proceder á adquisición de equipamento necesario para mellorar os servizos á cidadanía.

A Guarda, co remanente de tesourería positivo xerado no exercicio de 2020, decide acometer unha serie de obras e proceder á adquisición de equipamento necesario para mellorar os servizos á cidadanía.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Abril de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O concello da Guarda celebrou o martes día 20 de abril un pleno extraordinario de contido económico para aprobar créditos extraordinarios e suplementos de crédito procedentes do remanente de tesourería para  acometer distintos investimentos de carácter urxente que obtiveron o apoio de toda a corporación, os principais investimentos os detallamos a continuación.

O concello da Guarda conta cun servizo de recollida de lixo de xestión municipal,  para seguir optimizando os medios dos que dispón este servizo era necesario proceder de xeito urxente a renovación do camión de lixo.  Nestes momentos o servizo de recollida de lixo conta con dous camións (sen contar con outros vehículos que se utilizan na recollida de voluminosos ou noutras tarefas) debido as diferentes características das rúas por onde é necesario facer a recollida diaria. O camión de maior envergadura chegou ao final da súa vida útil, polo que era necesario proceder á adquisición dun novo vehículo. O orzamento  previsto para esta inversión acada  os 100.000€.

No ámbito deportivo o concello está pechando tres convenios coa Secretaría Xeral para o Deporte. Estes tres convenios requiren dunha achega municipal do 20%. O primeiro destes convenios  consiste na instalación dun videomarcador no pavillón municipal da Sangriña. No mesmo pavillón procederase á instalación dun sistema anticondensación  para evitar un dos problemas máis graves que tiña o recinto deportivo. Por último, a cuberta  do club de remo Robaleira sufriu no último ano un deterioro importante debido á climatoloxía, polo que é necesario acometer a renovación da cuberta e o pintado exterior das instalacións. A suma dos tres convenios supera o importe dos 147.000€.

Ademais do anterior, no Porto están contempladas dúas actuacións, a primeira é a modificación dos contedores no inicio da rúa do porto para facilitar a recollida de lixo e mellorar o seu entorno para conseguir a separación física entre os contedores e a zona de terrazas. E debido ao incremento  de vehículos que están utilizando a estrada entre o Porto da Guarda e a depuradora, o concello tomou a determinación  de completar o pavimentado   en adoquín no ancho de toda a estrada,  esta obra ten un custo aproximado dos 77.000€.

Ademais destes investimentos tamén se aprobou unha partida de 75.000€ para axudas COVID para os sectores afectados pola pandemia. Este acordo  da cumprimento ao acordo plenario, adoptado hai unhas semanas,  de adicar o 1% do orzamento municipal para este fin.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones