Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de A Guarda prepara un paquete de medidas dirixidas ao comercio, servizos e hostalería da vila

Este paquete de medidas incluirá axudas directas para sufragar gastos vinculados a adquisición de materiais ou medios de protección fronte a COVID-19 e unha campaña de fomento do consumo local a través de bonos de compra.

Este paquete de medidas incluirá axudas directas para sufragar gastos vinculados a adquisición de materiais ou medios de protección fronte a COVID-19 e unha campaña de fomento do consumo local a través de bonos de compra.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Febrero de 2021

Fuente: Concello da Guarda

  • Este paquete de medidas incluirá axudas directas para sufragar gastos vinculados a adquisición de materiais ou medios de protección fronte a COVID-19 e unha campaña de fomento do consumo local a través de bonos de compra.

Durante as próximas semanas abrirase a convocatoria para que os negocios de hostalería, comercio e servizos podan beneficiarse de axudas directas que lles podan axudar a sufragar todos aqueles gastos engadidos que a pandemia está a xerar nos seus negocios, como pode ser a compra de hidroxel, mamparas ou outros elementos de protección, etc.

O equipo de goberno está ademais ultimando as bases doutra convocatoria que verá a luz cando se relaxen as actuais restricións, e que ten como obxectivo apoiar ás microempresas e autónomos da localidade a través da posta en marcha dunha campaña na que se fomentará o consumo local coa posta en circulación de bonos de compra que poderán ser utilizados pola cidadanía nos establecementos de hostalería, comercio ou servizos que desexen adherirse á campaña e cumpran os requisitos de participación.

Estas medidas veñen a complementar todas aquelas outras que se foron implantando desde o inicio da pandemia para reducir o impacto da COVID-19 e que pretendían e pretenden contribuír á reactivación económica da vila como son:

- A redución na taxa do lixo para negocios.

- A exención de pago das taxas por ocupación de vía pública para as terrazas durante 2020 e 2021.

- Habilitación dunha sección específica na web de Turismo na que se ofrece información actualizada sobre normativa, subvencións ou axudas dirixidas á hostalería, así como posta a disposición do persoal da propia oficina de Turismo para solucionar dúbidas.

- Posta en marcha da campaña #NonRompasOCírculo dirixida a sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre o consumo local.

- A creación da plataforma de venda online www.mercanaguarda.com

- Formación presencial sobre xestión do risco da COVID-19 na hostalería, así como un servizo de asesoramento telefónico para os negocios participantes.

- Publicación de listados de establecementos comerciais que ofrecían servizo a domicilio durante o confinamento.

- Publicación durante o confinamento, e durante o actual período de severas restricións na hostalería, de listados actualizados de restaurantes, bares e cafeterías con servizo de comida ou bebida para levar ou que ofrecen entrega a domicilio.

- Publicación de listados actualizados dos establecementos do mercado municipal con servizo de pre-encarga e/ou entrega a domicilio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí