Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Oia alegará contra o parque eólico Albariño I

Convoca á veciñanza a unha reunión informativa o próximo 12 de novembro en Torroña

Convoca á veciñanza a unha reunión informativa o próximo 12 de novembro en Torroña

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia presentará alegacións contra o parque eólico Albariño I e organiza unha reunión veciñal. A xuntanza contará coa asistencia de técnicos dunha empresa especializada, contratada polo Concello para analizar a documentación sometida a información pública  (o prazo para presentar recursos está aberto ata o día 18 deste mes).  A reunión celebrarase o venres 12 de novembro, ás 19.00h, nas Escolas de Torroña.

 

A alcaldesa, Cristina Correa, informa de que o expediente relativo ao parque Albariño I pódese consultar nas dependencias municipais. Na información pública inclúese a seguinte documentación:  proxecto de execución, estudio de impacto ambiental e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico). Para proceder á consulta da antedita documentación cómpre pedir cita previa.

 

O parque eólico Albariño I afecta a tres municipios: Oia, Baiona e Tomiño. Este parque prevé 6 aeroxeradores: 2 en Baiona, 2 en Mougás e 2 no límite entre Burgueira e Tomiño.

 

Os aeroxeradores teñen unha altura de buxa a 125 m e 149,1 m de diámetro de rotor (cada pa 75 m. aprox.), 2 torres de medición en Torroña, 2 liñas soterradas de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores, unha subestación transformadora en Barrantes, que se conectará cunha nova liña aérea á liña xa existente Gondomar-O Rosal, e un edificio de control situado fronte á subestación Barrantes, de 600 metros cadrados.

 

A consulta da documentación tamén pode facerse a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, no epígrafe de instalacións de xeración. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí