Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Oia perde unha subvención de 30.000 euros para a Ruta Máxica

Gerardo Rodríguez lamenta, unha vez máis, que os poucos cartos que chegan ao municipio se deixen sen executar e se perdan desta forma, esixíndolle responsabilidades á Alcaldesa Cristina Correa

Gerardo Rodríguez lamenta, unha vez máis, que os poucos cartos que chegan ao municipio se deixen sen executar e se perdan desta forma, esixíndolle responsabilidades á Alcaldesa Cristina Correa

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Septiembre de 2023

Fuente: Socialistas de Oia

O PSdeG-PSOE de Oia volta a por de manifesto a falla de interese e preocupación existente no grupo de goberno encabezado por Cristina Correa, ante o que consideran, “un novo capítulo no despropósito do PP municipal”.

O Concello de Oia presentouse en marzo deste ano 2023 a unha subvención de Turismo de Galicia baixo o procedemento TU503D para mellorar a sinalética existente na Ruta Máxica de Oia, unha subvención dedicada a concellos de menos de 10.000 habitantes para a mellora de infraestruturas turísticas.

Fai uns días o Concello de Oia presentou unha alegación, pedindo unha prórroga nos prazos para xustificar dita subvención(que xa estaba aceptada e aprobada), alegando que, como esta sinalización afecta a elementos patrimoniais é obrigatorio pedir autorizacións a Patrimonio, co seu correspondente control arqueolóxico e musealización das pezas en caso de ser necesario.

Turismo de Galicia respondeu ao Concello de Oia denegando esta prórroga, indicando que os prazos foron iguais para todas as entidades solicitantes e que cando os concellos optan a este tipo de subvencións teñen é recomendable ter unha planificación dos proxectos realizada con antelación para evitar os atrancos que aconteceron.

Para o PSdeG-PSOE de Oia esta situación volta a por de manifesto a deixadez e improvisación que ven caracterizando ao goberno local do PP de Cristina Correa, obtando a unha subvención sen estar preparados para asumir o que se esixe na mesma en tempo e forma.

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gerardo Rodríguez Refojos, considera unha vergoña que Oia perda 30.000€ para un dos elementos turísticos máis importantes existentes no municipio, como é a Ruta Máxica de Oia, e moito máis sendo desta maneira, por deixadez e por falla de planificación. Engade que Cristina Correa continúa a botar balóns fora, botándolle as culpas a Patrimonio, cando a responsabilidade total é do equipo de goberno, tal e como lle contestou Turismo de Galicia, por non ter unha planificación axeitada dos proxectos sobre os que se ía a actuar nesta subvención solicitada e que foi denegada.

Gerardo Rodríguez lamenta, unha vez máis, que os poucos cartos que chegan ao municipio se deixen sen executar e se perdan desta forma, esixíndolle responsabilidades á Alcaldesa Cristina Correa, que deberá explicarlle agora a todos os veciños e veciñas de Oia a verdade da perda desta importante subvención.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí