Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Oia prepara as alegacións contra o novo proxecto de parque eólico Torroña I

Ao igual que se vén facendo no proceso de preparación de alegacións contra os diferentes proxectos eólicos que afectan ao municipio, o Concello de Oia convocará proximamente unha reunión informativa para abordar este novo caso.

Ao igual que se vén facendo no proceso de preparación de alegacións contra os diferentes proxectos eólicos que afectan ao municipio, o Concello de Oia convocará proximamente unha reunión informativa para abordar este novo caso.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Marzo de 2023

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia presentará alegacións contra o parque eólico Torroña I, para o que xa contratou a unha empresa especializada, a cal xa está a traballar na análise da documentación sometida a información pública. O prazo para a presentación de contribucións conclúe o 18 de abril.

 

O DOG do 3 de marzo anunciou o procedemento de información pública do estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, e do proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico), das instalacións do parque eólico Torroña I. Este proxecto prevé a instalación de 4 aeroxeradores no concello de Oia.

 

Na información pública inclúese a seguinte documentación: proxecto técnico, estudo de impacto ambiental e proxecto de interese autonómico. Pódese consultar na seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-dexeracion Tamén haberá atención telefónica no número 986 80 52 34.

 

Así mesmo, o DOG recolle que “cando sexa indispensable a atención presencial” poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (mediante cita previa no teléfono 986 80 52 34), así como ás dependencias dos concellos de Baiona, Oia e Tomiño.

 

Reunión con veciñanza

 

Ao igual que se vén facendo no proceso de preparación de alegacións contra os diferentes proxectos eólicos que afectan ao municipio, o Concello de Oia convocará proximamente unha reunión informativa para abordar este novo caso.

Do mesmo xeito, o Concello lembra que toda a información relativa aos proxectos eólicos se vai actualizando no apartado específico da web municipal, onde xa se pode consultar a documentación relativa ao Torroña I: https://www.concellodeoia.es/informacion-parques-eolicos-2/

 

Características técnicas do proxecto Torroña I

Segundo consta no anuncio do DOG, o proxecto do parque eólico Torroña I prevé unha potencia a instalar de 22,8 MW e unha produción neta anual de 67.530 MWh/ano. As súas características son as seguintes:

 

-4 aeroxeradores de 5.700 kW de potencia unitaria, de 163 metros de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 148 metros, o que faría unha altura total de 229,5 metros.

 

- 4 centros de transformación de potencia nominal 6.350 kVA e tensión 0,75/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

- Rede de media tensión de 30 kV soterrada.

 

-Instalación de celas de media tensión na subestación de transformación Barrantes 30/132 kV para a conexión dos circuítos provenientes do par­que eólico, situadas na sala de celas do edificio.

 

-2 torres meteorolóxicas, unha delas temporal, e outra permanente, de 148 m de altura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí