Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Oia remata a pasarela colgante peonil sobre o río Tamuxe en Loureza grazas a unha achega de 90.000euros da Xunta

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa, Cristina Correa, supervisaron esta mañá a conclusión desta actuación, consistente na reconstrución da infraestrutura de paso e a adecuación dos accesos no lugar de Acevedo

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa, Cristina Correa, supervisaron esta mañá a conclusión desta actuación, consistente na reconstrución da infraestrutura de paso e a adecuación dos accesos no lugar de Acevedo

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Mayo de 2022

Fuente: Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

A Xunta de Galicia e o Concello de Oia veñen de rematar as obras de reconstrución e mellora da pasarela colgante peonil sobre o río Tamuxe na zona de Loureza grazas a un convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a administración local que facilitou o financiamento da actuación cunha achega autonómica de 90.495€.

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisaron esta mañá a conclusión dos traballos e o resultado final desta infraestrutura de paso, que se reparou de xeito integral para corrixir o deterioro dos materiais, ao tempo que se adecuaron todos os accesos cara esta ponte nesta contorna do lugar de Acevedo, nas proximidades co límite co Concello do Rosal.

 

A nova pasarela colgante, apta para a circulación de peóns e ciclistas, levantouse a partires da reconstrución da existente e sostense a través dunha solución de cables en suspensión enganchados a macizos de formigón, mentres que a plataforma entarimada elaborouse en material sintético para favorecer a súa durabilidade. En concreto, supera o río Tamuxe no punto quilométrico 7+000 da estrada autonómica PO-354.

 

“Vimos de acometer unha actuación importante no eido turístico, rubricada polo entón vicepresidente Alfonso Rueda o pasado mes de agosto, xa que recupera unha infraestrutura no interior do Concello de Oia que era moi empregada polos visitantes, posto que permite acceder a distintos enclaves con gran atractivo e ademais completouse cunha importante adecuación dos accesos con solucións que pretendemos que sexan duradeiras no tempo”, explicou o representante autonómico.

 

Cómpre sinalar que este remozado recurso turístico sitúase nas inmediacións de Monte Redondo e Cova do Lobo, dous dos puntos interiores máis visitados de Oia e nos que se proxecta a creación dunha aula de natureza, e serve para seguir potenciando un municipio que é clave no percorrido do Camiño Portugués pola Costa e que cada recibe a milleiros de turistas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí