Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tomiño avanza na reforma do espazo anexo ao Mercado de Goián

O principal obxectivo desta obra é conseguir a eficiencia enerxética do edificio de usos múltiples que se atopa unido ao mercado desta localidade

O principal obxectivo desta obra é a eficiencia enerxética do edificio de usos múltiples que se atopa unido ao mercado desta localidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño avanza na rehabilitación enerxética do edificio de usos múltiples anexo ao mercado de Goián -o segundo núcleo urbano do municipio-, grazas a unha axuda do IDAE (Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético) cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono.

O obxectivo da obra, que aínda está sen rematar (planta superior e terraza) son, principalmente, os de eficiencia enerxética, polo que é necesario levar a cabo a rehabilitación enerxética da fachada cun sistema de illamento exterior, así como a reforma da terraza e a renovación da cuberta e instalación de nova carpintaría de aluminio con triplo acristalamento e marco de cinco cámaras.

O principal problema atopábase nos problemas de condensación, filtracións e de ausencia de illamento térmico en toda a envolvente, o que provocaba un elevado consumo enerxético para acondicionar o interior, tanto en inverno, como en verán, producíndose grandes perdas de enerxía. Neste senso, calcúlase que o aforro enerxético será moi importante (de 134.952,46 Kwh ao ano a 62.031,46), pasando dunha cualificación enerxética E a unha C. Así mesmo, conseguirase unha redución de gases de efecto invernadoiro de máis do 50%, pasando de 22.850 a 10.500 KgCO2 ao ano).

O orzamento total das obras ascende a 288.197,80 euros, cubrindo o 80% desta cantidade o IDAE, e o resto, o propio Concello. Con esta nova subvención, xa son cinco grandes proxectos con financiación do IDAE que o goberno local foi quen de conseguir nos últimos anos, logrando a achega de fondos por un importe superior a 1.3 millóns de euros, que se dedicaron á rehabilitación enerxética de diferentes edificios públicos (Benestar Social, Policía Local, Concello, Escola Obradoiro) e á reconfiguración de espazos públicos en Goián.

Espazo para a mocidade

Paralelamente á obra, o Concello está traballando na redacción dun proxecto sobre os usos a que se vai dedicar esta parte importante do edificio da antiga praza de abastos, destinando outra partida de 60.000 euros de fondos propios para reformar o interior de dito espazo. Existe a intención de crear un espazo para a mocidade de Goián, coa habilitación de zonas destinadas á creación de iniciativas empresariais vencelladas á arte e a outros proxectos creativos; co-working, etc.

A planta baixa da edificación inaugurouse provisionalmente o pasado día 2 de xullo, cunha exposición do recoñecido escultor de Goián, Magín Picallo, que permanece aberta até o vindeiro domingo, 10 de xullo, coincidindo cas festas da parroquia.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí