Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño axuda por cuarto ano consecutivo ás traídas de auga, para mellorar os sistemas de captación, almacenamento e potabilización

As bases para acceder ás subvencións, de 40.000 euros, foron aprobadas esta semana en comisión de goberno, e en breve serán publicadas no BOP

As bases para acceder ás subvencións, de 40.000 euros, foron aprobadas esta semana en comisión de goberno, e en breve serán publicadas no BOP

Fecha: 10 de Agosto de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Por cuarto ano consecutivo, unha trintena de comunidades de auga de Tomiño, poderá acceder á liña de subvencións municipais que pretende contribuír á mellora dos sistemas de captación, abastecemento e potabilización.

As bases das axudas, aprobadas esta semana en comisión de goberno, serán publicadas en breve no BOP (Boletín Oficial da Provincia), permitindo ás traídas (que serven a un total de 3.000 persoas en Tomiño) que reúnan os requisitos para ser beneficiarias, facer fronte a gastos de materiais, equipamentos e man de obra para realizar melloras dos sistemas de captación de auga (fontes e pozos e o seu entorno); sistemas de almacenamento e potabilización (depósitos e o seu entorno, filtración, decantación, filtración), e sistemas de distribución (extensión ou mellora nas redes de distribución).

Unha vez presentadas as solicitudes, unha comisión técnica avaliadora reunirase para valorar os proxectos, que deberán ter elaborado e actualizado un protocolo sanitario que garanta a calidade da auga, ademais doutros requisitos. Proporcionar auga de consumo a algún centro educativo ou presentar proxectos innovadores, serán tidos en conta para elevar a puntuación.

"O obxectivo do Concello é apoiar a estes sistemas de xestión comunitaria, para que poidan cumprir a normativa vixente en materia de auga de consumo. O cumprimento da normativa é preciso, tanto para garantir unha adecuada calidade do servizo, como para a renovación das concesións ante parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e así asegurar a supervivencia destes sistemas de xestión tan importantes", salienta o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez.

O edil explica que ademais dos conceptos incluídos na convocatoria de subvención, o Concello financia para todas as traídas (cunha partida de 10.000 euros adicionais), parte do custo (o 50%) das analíticas anuais e kits de cloración; 100% de medidores de cloro, e 100% da alta no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo e na elaboración de protocolos sanitarios, polo que o investimento total nas traídas de augas do Concello de Tomiño, ascende a 50.000 euros ao ano.

"Este é o cuarto ano que se conceden as subvencións e, que saibamos, non hai outro concello que teña un programa de axudas similar", puntualiza a concelleiro.
Debido ao novidoso deste tipo de programas de axudas, o Concello de Tomiño foi convidado en varias ocasións a xornadas na Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), ou visitado nos últimos anos por comunidades rurais de abastecemento de augas doutras rexións e países, interesados en coñecer in situ os proxectos locais.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones