Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO CELEBRA AS FESTAS PATRONAIS DO ALIVIO CON EXPOSICIÓN, ACTUACIÓNS MUSICAIS, ACTIVIDADES INFANTÍS E HOMENAXE A MARÍA CUÑA CUÑA

A programación iniciouse o pasado Venres coa inauguración da Exposición Alivio na Casa da Cultura.

A programación iniciouse o pasado Venres coa inauguración da Exposición Alivio na Casa da Cultura.

Fecha: 09 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño ven de inaugurar a Exposición Alivio que dá comezo a semana cultural das festas patronais do Alivio.

Este ano a programación cultural volve a apostar polo arte tomiñés cunha exposición conxunta de artistas locais destacados na escultura e na pintura. Carlos Fernández e Luis Álvarez expoñen o seu traballo en pedra. Pola súa parte, Ignacio Moure dá mostra da súa capacidade inventiva coa exposición de pezas en madeira e materiais reciclados que xunto coa cerámica de Xuxo Malone sorprenden nunha exposición que volve a recordarnos que Tomiño é xérmolo de escultores.

O traballo pictórico aportónano a consagrada Orlanda Gómes e o xoven Luis Miguel Souto que tintan de cores a Casa da Cultura, espazo onde se celebra esta mostra.

A exposición foi inaugurada o pasado venres ás 20h00 e permanecerá aberta até o 14 de setembro en horarios de 11h a 13h e de 18h a 21h.

A programación cultural do Alivio ademáis inclúe actividades infantís para os máis pequenos que se celebrarán o luns, martes e mércores na Praza do Seixo en horario de 20h a 21h30.

O luns será o turno do cinema coa proxección do filme Bob Sponja: un héroe fora del agua. O martes contaremos con inchables e a caixiña de mistos. E xa o mércores a actuación da compañía Trimentes co seu espectáculo cómico de mímica e música Operacion Tri-unfo. Toda unha cita para os máis pequenos.

O Xoves, tamén ás 20h00 e na Praza do Seixo, disfrutaremos da actuación da Banda de Gaitas de San Vicente de Barrantes .

E xa finalmente o domingo 13 de setembro, terá lugar o acto cívico do Alivio. Será ás 11h00 na Praza do Seixo e rindiráselle un merecido homenaxe a María Cuña Cuña.

María Cuña Cuña, é coñecida en Tomiño como Maruja e durante máis de 40 anos vendeu legumes e flores no mercado. Reside na parroquia de Forcadela onde foi das primeiras veciñas que se adicaron profesionalmente a explotación agraria de legumes e flores.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González destaca " a importancia da programación cultural municipal que combina actividades para todos os públicos". Referíndose ao acto cívico do Alivio, a Alcaldesa resaltou a "homenaxe a Maruja, que será un evento entrañable e simbólico xa que a protagonista será unha muller adicada a explotación do campo e a venta dos seus productos hostícolas nos mercados. Exemplo simbólico de moitas mulleres que co seu esforzo e traballo incansable fixeron deste Concello a horta de Galicia".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones