Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concello de Tomiño destina dúas persoas para limpar e manter as sendas próximas ao Miño e o Espazo Fortaleza durante o verán

Estas zonas verdes, situadas na parroquia de Goián, son moi utilizadas dende a súa apertura pola veciñanza e tamén por turistas

Estas zonas verdes, situadas na parroquia de Goián, son moi utilizadas dende a súa apertura pola veciñanza e tamén por turistas

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de acondicionar a senda pola beira do Miño para o seu disfrute de cara ao verán. As labores de limpeza e mantemento leváronse a cabo nos dous tramos da senda, é dicir, tanto no que une a zona da Ponte da Amizade co Espazo Fortaleza, coma a que se estende dende este último ata a praia de Eiras, no Rosal.
Ambas sendas suman uns catro quilómetros de percorrido, cun alto valor paisaxístico, histórico e turístico, que moitos veciños e veciñas transitan xa a pé ou en bicicleta.

Francisco Campo Lago, concelleiro de Vías e Obras, salienta o traballo que dende o Concello están levando a cabo co fin de abrir Tomiño ao río. "Esta senda permite a nosa veciñanza, coma así tamén aos que nos visitan nestes meses, camiñar, andar en bici ou correr por un espazo válido para facer deporte pero tamén para apreciar a beleza do noso territorio", afirma.

Con este fin, o Concello dispuxo dúas persoas que de forma permanente levarán a cabo tarefas de limpeza e mantemento, tanto nas sendas coma no propio Espazo Fortaleza, durante os vindeiros meses.

O próximo tramo no que se está traballando, enlazará este enclave coa antiga comandancia de Forcadela, sumando máis quilómetros de cara a Tui.

Esta obras foron financiadas en parte con fondos europeos, así coma parte dos paneis interpretativos cos que contan as sendas, xa que a sinalización e interpretación é outro dos propósitos do goberno local, preocupado por pór en valor o patrimonio ambiental do municipio.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí