Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO E A CÁMARA MUNICIPAL DE VILA NOVA DE CERVEIRA PRESENTARON ONTE A V EDICIÓN DO TRIATLON DA AMIZADE

Os organizadores presentan un triatlon consolidado

Fecha: 17 de Septiembre de 2011

Fuente: www.concellotomino.com

As Federacións Galega e Portuguesas de Triatlon en colaboración co Concello de Tomiño e a Cámara de Vila Nova de Cerveira organizan a 5ª edición do Triatlon da Amizade.  O evento terá lugar  o vindeiro sábado día 25 de setembro entre as vila de Cerveira e Goián.

O programa desta nova edición conta coa celebración de probas das categorías menores (alevín, infantil e cadete) pola a partires das 12h00 no embarcadoiro de Goián e coas probas propiamente ditas do triatlon a partires das 16h30 .

De novo, o percorrido da actividade circulará polos lugares emblemáticos de ambas vilas como poden ser a praia de Goián e a súa fortaleza, o castelo de Lovelhe, o embarcadoiro de Cerveira ou a propia ponte da amizade.

O triatlon está conformado por tres probas: natación, bicicleta e carreira a pé. Para a primeira actividade a distancia a nadar son 750 m e farase coa pleamar partindo da praia de Goián cara o embarcadoiro de Cerveira. Para a segunda, bicicleta, calcúlanse 19 kilómetros que se desenvolveran no en torno do forte de Lovelhe. Finalmente, a carreira a pé farase na fortaleza de Goián e contará con 5 kilómetros.

Os deportistas d aproba puntuan para o Campeonato Galego de Triatlon  Cross e para a Taça de Triatlon Cross portuguesa.

Polo de agora os inscritos superan o centenar e se prevé superar os índices de asistencia da pasada edición. Para inscribirse pódese facer tanto na federación galega de triatlon como na portuguesa rematando o prazo o vindeiro martes.

Os organizadores resaltaban a boa acollida da proba que ten en ambas vilas, de feito falaban de “expectación” por parte dos veciños e veciñas ante a pronta celebración da mesma.

Benito Guerreiro, como membro da dirección da proba, enfatizaba o feito de que o triatlon é “ máis que un evento deportivo, serve tamén para dar a coñecer o patrimonio que temos. Ademáis, implica a xente do pobo tanto de Tomiño como de Cerveira e isto é o que lle dá sentido o evento.”

O vereador de desportos do Câmara de Vila Nova de Cerveira, Sr Fernando Matías,  pola súa parte, reflexionaba sobre a “valorización da actividade deportiva como unha unión de fronteiras”.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, caracterizaba a proba como “un evento da raia, como unha actividade de irmandade entre dous concellos”. Tamén, resaltaba “a importancia de compatir con Cerveira actos culturais, deportivos e equipamentos, que non sería outra cousa que consolidar hábitos dos propios veciños e veciñas do municipio.” Neste sentido, a Alcaldesa fala da labor da administración para “sanar as vellas cicatrices que lle quedan a Europa que non son máis que as fronteiras gubernamentais”.
 
FOTOGRAFÍAS
VIDEOS

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones