Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO HOMENAXEA A CAMILO RIVEIRO DA TREBOADA BAIXO MIÑO E A MÚSICA TRACIONAL E POPULAR

A Treboada Baixo Miño, formación do homenaxeado, uniuse a homenaxe.

Fecha: 12 de Septiembre de 2012

Fuente: concellotomino.com

A Treboada Baixo Miño, formación do homenaxeado, uniuse a homenaxe.
 
O Concello de Tomiño rindiu unha sentida homenaxe o pasado domingo do Alivio a Camilo Riveiro, fundador e bombeiro da Treboada Baixo Miño. O acto estivo conducido pola presentadora Beti Rey e animado pola música da Treboada Baixo Miño que quixéronse sumarse a esta homenaxe a seu "abuelo" como cariñosamente lle chaman.

Máis dun centenar de persoas quixeron acompañar a Camilo Riveiro neste día tan importante para el e a súa familia. A Alcaldesa, en nome do goberno local, entregoulle un obsequio en recordo deste día que sen dúbida estará marcado para sempre na lembranza de Camilo.

Todos e todas quixeron ser testemuñas dun día no que a Treboada Baixo Miño traspasou as fronteiras da música para emocionar e encher de ledicia aos presentes. Porque quixeron recordar vellos tempos coas súas gaitas María José e Vanessa, as primeiras gaiteiras do Concello que o foron da man de Camilo. Porque os máis cativos da agrupación quixeron mostrarlle o que xa teñen aprendido do "abuelo". E porque todos e todas os compoñentes da treboada, incluidos os seus dous netos, quixeron tocar por unha vez a Camilo. Pero non foi doada esta última fazaña xa que o fundador colleu o bombo e tocou con eles, mesturando a súa arte cos bombeiros, percusionistas e gaiteiros.

Camilo tamén tivo palabras de agradecemento, o fixo da man da súa neta Lorena que deu voz aos sentimentos do seu avó. Camilo emocionada polas ovacións deu grazas ao cariño e aprecio que o domingo lle manifestaron os presentes.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou a "labor de Camilo como recuperador da música tradicional do país e como un dos promotores da boa saúde da que goza a trebaoda no Concello. Camilo simboliza o traballo desinteresado polo patrimonio inmaterial que moitas veces pasa inadvertido".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones