Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tomiño informa que separar o lixo orgánico comeza a ser obrigatorio

A obrigatoriedade de tratar o lixo orgánico, que esixe a separación dos restos de alimentos e vexetais do papel, metal, plástico ou vidro comezou a partir do 30 de xuño

A obrigatoriedade de tratar o lixo orgánico, que esixe a separación dos restos de alimentos e vexetais do papel, metal, plástico ou vidro, comezou a partir do 30 de xuño

Fecha: 05 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

A Deputación de Pontevedra anunciou a obrigatoriedade de tratar o lixo orgánico a partir do 30 de xuño de 2022, que esixe a separación dos restos de alimentos e vexetais do papel, metal, plástico e vidro. Dende o Plan Revitaliza, a Deputación suxire tres opcións para tratar os biorresiduos: compostar de maneira doméstica cun composteiro individual, compostar en centros de compostaxe comunitaria ou depositar os biorresiduos en colector marrón. Todo isto de cara a converter os restos orgánicos en fertilizantes, así como a contribuír á economía circular da propia natureza.

Co obxectivo de garantir o cumprimento da normativa, o Concello de Tomiño dispón de composteiros individuais para as casas con finca ou xardín, que poden ser solicitados en caso de requirilo. Ademais, o Concello está repartindo un segundo composteiro aos veciños e veciñas que o precisen, que tamén pode ser solicitado aos técnicos que están a facer o seguimento polas vivendas. No que respecta aos núcleos urbanos de Seixo e Goián, existen centros de compostaxe comunitarios. Estas vindeiras semanas visitaranse de novo os pisos porta a porta para informar á veciñanza e entregar un caldeiro para a axuda na separación do biorresiduo na vivenda.

Por outra banda, para impulsar á cidadanía a unirse á compostaxe, o Concello compartiu a experiencia de Chema, usuario do composteiro no rural, e de Natalia, usuaria do Centro de Compostaxe Comunitario. Entre os principais beneficios da compostaxe atópanse a obtención dun fertilizante natural, a redución dos custos de transporte e tratamento dos residuos, así como do seu impacto ambiental. En definitiva, mellórase o comportamento ambiental ao participar en sistemas que promoven hábitos de vida sostibles.

Para obter máis información sobre a compostaxe e sobre o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, ao que o Concello de Tomiño se adheriu en 2016, consúltese a web. Tamén para dúbidas e consultas está dispoñible o contacto mestra e mestre composteiro: 604 07 51 08 // 698 19 39 23.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí