Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño inicia as obras de mellora da praza de Figueiró

A intervención recuperará para as persoas este espazo central da parroquia de Figueiró, hoxe utilizado como aparcadoiro de vehículos

O Concello investirá 440.000 euros procedentes do Plan Concellos

Fecha: 19 de Mayo de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño está a levar a cabo as obras de "ACONDICIONAMENTO DA CONTORNA DA PRAZA DE FIGUEIRÓ", co obxecto de convertir este espazo central da parroquia de Figueiró, nun espazo de uso peonil, accesible e seguro.

A intervención, cun orzamento total de 440.000 euros, recuperará para as persoas máis de 2000 m2 de espazo público que se atopaba pavimentado con aglomerado asfáltico, usándose coma aparcadoiro e sen ofrecer seguridade e uso para as persoas. Polo tanto, son condicionantes das obras xerar un ámbito espacialmente atractivo, que invite á xente utilizar a praza dun xeito seguro e accesible, potenciando así actividades de ocio, comercio e restauración e poñendo en valor a arquitectura existente neste espazo público.
A reforma da contorna da Igrexa de Figueiró; unha das prazas máis fermosas do concello, que debido aos numerosos visitantes que recibe o santuario de San Campio de Lonxe, foi proposta polo goberno local para ser mellorada este ano.

O proxecto, redactado polo estudio de arquitectura Cendón-Vázquez, recurre a uns acabados suaves, naturais, acordes co uso de preferencia peonil, e xa utilizados noutros espazos públicos do concello, coma a Praza do Seixo, xerando así unha identidade propia dos espazos públicos de Tomiño recuperados para as persoas. Outro aspecto importante é ainstalación dunha Iluminación harmónica que poña en valor o espazo e a arquitectura do lugar. Asimesmo, tamén se levarán acabo a revisión dos servizos de auga e saneamento existentes, canalización de cableado e instalación de novo mobiliario urbano e sinalización.

A alcaldesa de Tomiño manifesta "a súa satisfacción por esta importante obra, recuprando para as persoas unha das prazas máis fermosas do Concello, un exemplo de como o noso modelo dos espazos públicos, xa implantado e recoñecido nos núcleos urbanos, tamén se estenderá aos espazos publicos centrais das nosas parroquias".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones