Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño lanza as campañas -Se bebes, non arrisques- e -De troula, con-sentido- para unhas festas máis seguras e respectuosas

Realizaranse controis de alcoholemia voluntarios, é dicir, a solicitude dos propios condutores, pero tamén de forma aleatoria, e controlarase a venda de alcohol a menores

Policía Local e Garda Civil vixiarán tamén posibles agresións e abusos que puideran producirse durante as verbenas

Fecha: 14 de Septiembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A Concellería de Seguridade, Tráfico e Persoal, que dirixe Ismael Torrón, presentou onte no Concello de Tomiño, a campaña "Se bebes, non arrisques, fai a proba", que se levará a cabo estes días de festa no Recinto do Alivio.

Paralelamente, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Cristina Martínez, presentou a campaña "De troula con-sentido", que procura conseguir unhas festas libres de violencia sexista. Ambos representantes do goberno local fixeron estas presentacións no transcurso dunha reunión celebrada este mediodía no Concello e na que participaron ademais representantes da Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e Comisión de Festas Virxe do Alivio.

Varias patrullas da Policía Local de Tomiño, realizarán controis voluntarios de alcoholemia durante as noites, xunto á capela do Alivio. Así o explicou o xefe da Policía Local, José Ramón Álvarez. Os controis poderán ser voluntarios, é dicir, a solicitude dos propios condutores que desexen coñecer a súa taxa de alcohol en sangre antes de coller o vehículo, pero tamén se realizarán de forma aleatoria, como o establece a lei neste tipo de eventos. O dispositivo de seguridade contará coa colaboración de membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño e axentes do posto da Garda Civil.

O Concello de Tomiño recomenda non excederse no consumo de alcohol ás persoas que asistan ás festas patronais, lembrando a prohibición da venda a menores. Asemade, avoga por unhas festas máis respectuosas e en igualdade, nas que non se produzan nin toleren agresións sexistas nin calquera outro tipo de violencia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones