Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tomiño lanza unha nova edición do Programa -O Concello escoita- que busca implicar á poboación na gobernanza do municipio

O programa estaba previsto para o 2020 pero finalmente non puido celebrarse pola pandemia

O programa estaba previsto para o 2020 pero finalmente non puido celebrarse pola pandemia

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

“O Concello escoita” regresa a Tomiño e busca xerar un espazo de encontro e de conversa entre o goberno local e a poboación, no que os tomiñeses e tomiñesas poidan achegar as súas inquedanzas e ideas, propoñer melloras ou compartir opinións en positivo que axuden a deseñar un futuro mellor para Tomiño.

Este programa de participación do concello, que xa é un clásico tras varias edicións, estaba previsto e programado para o 2020, pero non se puido celebrar por mor da crise sanitaria provocada pola pandemia de Covid19, e agora por fin poderá celebrarse.

A presente edición de “O Concello escoita” estrea formato e evoluciona na busca de espazos abertos, de sombra, á tardiña, coa intención de celebrar cada encontro nun espazo agradable, cómodo e distendido, e que a conversa poida levarse a cabo sen renunciar ao desfrute da tarde e mesmo a tomar algo naqueles lugares nos que se dispoña de bar ou cantina. “Búscase adaptar este programa tan icónico de Tomiño ao novo tempo que vivimos, buscando un xeito de facer que sexa máis apetecible para as persoas, que apeteza achegarse, tomar algo e charlar entre todos e todas propondo ideas para deseñar e construír o Tomiño presente e futuro ” sinala Agustín González, Concelleiro de Participación Veciñal e Lecer.

Dende o 30 de maio até o remate do programa o 16 de xuño, “O Concello Escoita” percorrerá as 15 parroquias de Tomiño. “Para nós é fundamental estar en contacto estreito coa poboación, e se ben é certo que gobernamos con permanente escoita activa e moi preto das veciñas e veciños, este programa é unha oportunidade para parar, charlar coas veciñas e veciños que participen e, entre todos, pensar no Tomiño que queremos, e poñer en común que pasos estamos dando cara a ese futuro que desexamos todas as persoas que nos sentimos orgullosos de ser e vivir en Tomiño” destaca a alcaldesa, Sandra González.


Para participar non se require inscrición previa, basta con achegarse até o punto de encontro na data e hora correspondentes.


MAIO
Luns 30
20:00h - Sta. María de Tebra (Centro Cultural)
21:30h - Vilameán (Torreiro de festas)
Martes 31
20:00h - Taborda (Torreiro de festas)
21:30h - S. Salvador (Centro Cultural)
XUÑO
Mércores 01
20:00h - Amorín (Torreiro de festas)
21:30h - Currás (Torreiro)
Luns 06
20:00h - Figueiró (Praza)
21:30h - Estás (Centro Social)
Martes 07
20:00h - Piñeiro (Torreiro)
21:30h - Sobrada (Centro Social)
Luns 13
20:00h - Pinzás (Nave das vaquiñas de Pinzás)
21:30h - Barrantes (Pavillón)
Martes 14
21:00h - Forcadela (Casa dos mestres)
Mércores 15
21:00h - Tomiño (Mercado 1º andar)
Xoves 16
21:00h - Goián (Praza)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí