Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tomiño premia o consumo no comercio local co sorteo de 200 carriños para a compra

O sorteo tivo lugar o 23 de maio no Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

O sorteo tivo lugar o 23 de maio no Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño continúa dándolle pulo ao comercio da contorna e fomentando o consumo de proximidade. Unha trintena de establecementos dos núcleos de Tomiño, Goián e Forcadela sumáronse a esta proposta da Campaña Vive!, unha oportunidade para dinamizar o comercio local que, ao longo desta semana, está a repartir xa os 200 carriños para a compra da marca Rolser entre todos os veciños e veciñas que apostaron por mercar no municipio entre o 6 e o 22 de maio.


O proceso de participación no sorteo era sinxelo: bastaba con realizar unha compra superior a 10€, escribir os datos persoais do participante no reverso do propio tícket de compra e introducilo nunha das urnas habilitadas en cada un dos comercios adheridos.


Na iniciativa participaron establecementos do núcleo do Seixo, como Frutas Berbe, A Mata e A Carnicería de Ana no Mercado de Tomiño; Chevere Perfumería, Galióptica, Limón y Fresa, Morell85, Parafarmacia Tomiño e Roupa Paredes na rúa Gondomar; Lencería Duente, Estipel, J. Carrera Decoración, Joyería Pazo, Parafarmacia Roma, Streetwise Babi e VIP na rúa A Guarda; Agrícola Tomiño e La Ducekatta na Avenida República Argentina; Mercería O Fío en Buenos Aires; Lito Sport e Arte Perruquería na Praza da Mina; Librería Novidades na rúa Colón; e Tenda Moldes na rúa da Feira.


No núcleo de Goián participaban Goichic Lifestyle Shop e Perfumería Droguería Nobel na Avenida Ordóñez e La vida es bella na Avenida Pío Troncoso.


Por último, os establecementos de Forcadela que formaron parte desta iniciativa foron o Estanco Manuel Álvarez Carrera e a Perruquería e Estética A Coquetiña.


A iniciativa contou coa ampla participación da veciñanza e, tralo sorteo que se fixo efectivo o día 23, os establecementos están a proceder á entrega dos carriños da compra a todas e a todos os premiados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí