Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO PROMOCIONA A PROGRAMACIÓN CULTURAL CON MOTIVO DAS FESTAS DO ALIVIO

A programación contará cun concerto do popular grupo -A Quenlla-.

Fecha: 08 de Septiembre de 2012

Fuente: concellotomino.com

A programación contará cun concerto do popular grupo -A Quenlla-.
 
O Concello de Tomiño ultima os derradeiros preparativos da súa programación cultural con motivo das festa patronais na honra da Virxe do Alivio.

Na programación deste ano cabe arte, música, cinema e tradición.
Os eventos comezan coa inauguración da XXX Exposición de pintura do Alivio este sábado 1 de setembro ás 12h30 na Casa da Cultura. A exposición poderase visitar todos os días no horario de 12 a 14h e de 19 a 21h. Clausurarase o sábado 10 de setembro.

A exposición de pintura é un clásico xa do Alivio como así o confirman as súas 30 edicións. Os máis de 20 pintores e pintoras de Tomiño que participan na mostra exporán dúas obras da súa autoría. O acto de inauguración correrá da man da concelleira de Cultura, Cristina Martínez, acompañada este ano do coñecido artista asentado en Tomiño, Cecilio Chaves Aparicio.

Este ano a música correrá a cargo do mítico grupo "A Quenlla". O concerto terá lugar o mércores 5 de setembro á 21h na Praza do Seixo. No mesmo lugar proxectarase o xoves 6 de setembro o filme "como as nubes". Un documentario rodado no pasado ano por David Calzado, xoven director con ascendencia tomiñesa. O filme xira en torno ás festas do Alivio e a vida en Tomiño.

E finalmente, o domingo 9 de setembro ás 11h na praza do Seixo celebrarase o acto cívico do Alivio na que se fará unha homenaxe ao músico Camilo Riveiro Alonso.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, calificou a programación das festas como "un abano de eventos de diferentes tintes nos que caben a arte, a música, o cinema e a tradición. Este ano ademáis queremos renderlle unha homenaxe a Camilo Riveiro, un home que leva enchendo de música os camiños das nosas parroquias dende hai máis de 50 anos e que tanto fixo pola recuperación das nosas treboadas".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones