Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tomiño propón catro andainas para conectar coa memoria local e o territorio

O ciclo de rutas guiadas, conducido pola historiadora Natalia Jorge, propón unha viaxe pola historia e o patrimonio das parroquias tomiñesas entre xullo e agosto. A primeira cita será o 5 de xullo en Amorín, sen inscrición previa e de balde.

O ciclo de rutas guiadas, conducido pola historiadora Natalia Jorge, propón unha viaxe pola historia e o patrimonio das parroquias tomiñesas entre xullo e agosto. A primeira cita será o 5 de xullo en Amorín, sen inscrición previa e de balde.

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Agosto de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Concello de Tomiño aposta por recuperar a conexión co territorio e co pasado local a través do ciclo de rutas guiadas ‘As pegadas do pasado e do presente’, unha iniciativa cultural aberta á participación cidadá que busca poñer en valor o patrimonio histórico e social das parroquias tomiñesas.

Conducidas pola historiadora Natalia Jorge, estas catro andainas gratuítas permitirán descubrir elementos e relatos que forman parte da identidade da vila, moitas veces invisibles aos ollos da vida cotiá. A primeira ruta terá lugar o sábado 5 de xullo ás 10.00 horas en Amorín, cun percorrido titulado ‘Sabías que... o río Miño era atravesado a cotiá polas persoas dunha e doutra marxe?’. O punto de encontro será o embarcadoiro da parroquia.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que “nun mundo cada vez máis globalizado, é máis necesario ca nunca reencontrarnos co que nos fai comunidade e afondar nos lazos que nos unen. Coñecer as pegadas do noso pasado é tamén un xeito de construír o futuro con orgullo e identidade”.

As rutas desenvolveranse entre xullo e agosto, sempre entre as 10.00h e as 12.00h, e non requiren inscrición previa. Están deseñadas para todas as idades e con paradas nos principais puntos de interese histórico, natural e cultural de cada parroquia.

O calendario completo do ciclo é o seguinte:

  • 5 de xullo: Amorín

  • 19 de xullo: Santa María de Tebra e Pinzás

  • 9 de agosto: Tomiño e Estás

  • 23 de agosto: Goián

Con esta proposta, o Concello busca fomentar a participación cidadá, a conciencia histórica e a identidade local. “Queremos que veciños e veciñas redescubran as historias que agochan as nosas rúas, montes e ríos”, conclúe González, “e reforzar o orgullo de pertencer a unha terra chea de vida e memoria”.

Toda a información detallada das rutas está dispoñible na páxina web oficial do Concello de Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí