Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui agradece o envío de material por parte das administracións e as doazóns de particulares

Son distintas as persoas anónimas que de xeito individual ou colectivo e mesma empresas as que están a realizar aportacións solidarias de material nestes días.

Son distintas as persoas anónimas que de xeito individual ou colectivo e mesma empresas as que están a realizar aportacións solidarias de material nestes días.

Fecha: 31 de Marzo de 2020

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui está a recibir material de protección tanto das distintas administración coma de persoas voluntarias e empresas que logo distribúe entre os propios servizos municipais, centro de saúde, residencias de maiores, farmacias, supermercados da localidade.
 
Así por unha parte esta semana o Concello recibiu 350 unidades de mascarillas cirúrxicas, 6 botes de 500 ml de xel hidroalcohólico, 1 garrafa de 5 litros de deseinfectante clorado, 12 traxes antisalpicaduras e 60 batas protectoras enviadas pola Xunta de Galicia.
 
Por outra parte son distintas as persoas anónimas que de xeito individual ou colectivo e mesma empresas as que están a realizar aportacións solidarias de material nestes días.
 
Hoxe mesmo foi o grupo "Bicho fóra" integrado por persoas de Tui, Salceda, O Porriño, Gondomar, o que fixo entrega de 1.190 mascarillas, 14 batas e 40 gorros confeccionados con tecido non tecido. Uns elementos que foron xa esterilizados previo ao seu reparto.
 
Estes elementos de protección están a ser distribuídos polo Concello entre os traballadores do Servizos Sociais, a Policía Local, Protección Civil, servizo de limpeza e outros empregados municipais que están a realizar o seu labor estes días, moitos deles na desinfección de rúas e contedores. Igualmente parte deste material faise chegar ao Servizo de Axuda no Fogar, ás residencias de maiores que hai na cidade, a Praza de Abastos e establecementos comerciais abertos ao público...
 
Dende o Concello de Tui o alcalde, Enrique Cabaleiro, destacaba o esforzo inmenso que están a realizar as distintas administracións para dotarse dos medios materiais necesarios e posibles nestes momentos. Indicaba que hai que sumar todos na medida do posible.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, quixo tamén facer un agradecemento publico á veciñanza que está a realizar labores altruístas coa elaboración de mascarillas, traxes... ás empresas que están doando material e outras que están pondo material para levar a cabo desinfección de rúas. Salientaba que deste xeito "están facendo unha contribución importante e palían en certa forma as carencias que nestes momentos temos as administracións públicas".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones