Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui celebra este martes un pleno extraordinario

O martes, día 19 de abril, ás 09:00 horas

O martes, día 19 de abril, ás 09:00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Tui

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO EXTRAORDINARIO
Considerando que a actual evolución na contención da pandemia non exime aos poderes públicos do seu deber de «organizar y tutelar la salud pública a través de medidas preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios» establecido no artigo 43.2 da Constitución Española para garantir o dereito á protección da saúde que recoñece este artigo no seu primeiro apartado.
Considerando que a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia, en liñas xerais, mellorou nos últimos meses, e que a actual situación permite volver á celebración dos plenos en sesións públicas, se ben cun aforo do 50%, co fin de manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. A celebración do pleno deberá realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que o uso da máscara será obrigatoria en todo momento e o público asistente deberá permanecer sentado.
Sen prexuízo do anterior, a publicidade da sesión plenaria e a debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal (á que se poderá acceder a través da páxina web do Concello de Tui), e a publicación da sesión plenaria na mesma, así como permitindo o acceso de medios de comunicación
Faise notar que se realizará unha distribución dos concelleiros permitindo a debida separación entre eles, que se porá a disposición dos mesmos para o seu uso de máscaras e guantes, e que os concelleiros deberán ter en conta as recomendacións sanitarias establecidas na normativas de aplicación.
Visto que en data 08.4.2022 recibiuse no Concello resolución da Dirección General de la Costa y el Mar na que somete á aceptación expresa do Concello de Tui as condicións e prescricións polas que se podería outorgar a concesión de ocupación de 158,64 m² de dominio público marítimo – terrestre con destino a pasarela peonil, na desembocadura do río Louro, termo municipal de Tui (Pontevedra), outorgando un prazo de dez días ao efecto.
Considerando a necesidade de remitir a aceptación expresa solicitada, e visto que o asunto non pode demorar ata a celebración da seguinte sesión ordinaria, esta Alcaldía, con dita motivación, de acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, RESOLVE:
PRIMEIRO.-Convocar Sesión con carácter de Extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o vindeiro martes, día 19 de abril, ás 09:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello e con carácter público, se ben cun aforo do 50%, co fin de manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros, motivada pola necesidade de tratar os asuntos incluídos na convocatoria que non admiten demora, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:

ORDE DO DÍA
A) Parte resolutiva:
Asunto único.- Expediente 2569/2018. Proposta de Alcaldía, de data 11.04.2022, relativa á aceptación das condicións e prescricións polas que se podería outorgar a concesión de ocupación de 158,64 m² de dominio público marítimo – terrestre con destino a pasarela peonil, na desembocadura do río Louro, termo municipal de Tui (Pontevedra), propostas na resolución da Dirección General de la Costa y el Mar de 03.04.2022 (con rexistro de entrada no concello de Tui 2022-E-RC-2530 de 08.04.2022).
SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión, e facendo remisión ás medidas e recomendacións sanitarias sinaladas na parte expositiva.
TERCEIRO.-Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones