Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O CONCELLO DE TUI CELEBRARÁ O DESFILE-CONCURSO DE ENTROIDO O LUNS 8 DE FEBREIRO

A inscrición farase no Rexistro de Entrada o xoves 21 e o venres 22 de xaneiro

A inscrición farase no Rexistro de Entrada o xoves 21 e o venres 22 de xaneiro

Fecha: 15 de Enero de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui vén de facer públicas as bases para participar no Desfile-concurso de Entroido que se celebrará na cidade o luns, 8 de febreiro.   Precisamente a celebración en luns é unha das novidades que presenta este ano a convocatoria xunto á valoración no premio xeral da "actualidade" das propostas a concurso.

 

Poderán participar tanto grupos coma a comparsas que presentar no Rexistro de Entrada da Casa do Concello de Tui o impreso normalizando o xoves 21 e o venres 22 deste mes de xaneiro en horario de 9 a 14h. Establécese un límite de participación a 18 comparsas e a 3 grupos, por orde de inscrición, coa salvidade de que non quedará fóra ningún grupo ou comparsa de Tui.

 

Os grupos deben ter un mínimo de 12 integrantes e un máximo de 20. Mentres as comparsas deben estar compostas por un mínimo de 25 persoas disfrazadas.

 

O desfile-concurso celebrarase o luns, 8 de febreiro, ás 17.30h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. En caso de choiva aprazaríase para o sábado 13 ás 17.30h. Amais o domingo 14 ás 19.30h sairá da Praza de San Fernando o Enterro do Bacallau no que deben participar os grupos e comparsas inscritos de rigoroso loito para poder facer efectivos os premios do concurso e as compensacións económicas.

 

Así segundo o establecido nas bases desta actividade as comparsas tudense percibirán pola súa participación 250€ e 500€ se van acompañas de carroza, cifras que no caso de comparsas de fóra do municipio será de 125€ e 250€. No caso dos grupo os de Tui recibirán 100€ e 200€ se levan carroza, e os doutros concellos 20€ e 100€ respectivamente.

 

En canto aos premios establécense sete premios na categoría xeral na que o xurado valorará actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. A contía dos premios oscilará entre os 700€ do primeiro clasificado e os 100 que percibirá o sétimo. En carrozas hai sete premios que oscilan entre 400€ e os 50€. Mentres en acompañamento musical establécense catro premios de 250€, 150€, 100 e 50€ e un en Fantasía dotado con 250€.

 

As bases completas do desfile-concurso poden consultarse da web www.concellotui.org, e no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e no departamento de Secretaría.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí