Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui destina 50 mil euros en bonos de compra para a reactivación da economía local

Os establecementos interesados pódense inscribir dende mañá en tui.gal

Os establecementos interesados pódense inscribir dende mañá en tui.gal

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Enero de 2021

Fuente: Concello de Tui

O mércores 13 de xaneiro, abre o prazo de inscrición para que os establecementos interesados se adhiran aos bonos “Activa Tui”.  Hoxe veñen publicadas no BOPPO as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas axudas á reactivación económica, que foron aprobadas por unanimidade o pasado mes de decembro en pleno. O Concello de Tui destina a esta iniciativa 50 mil euros.

Os bonos intégranse dentro do Plan de Reactivación económica do concello de Tui e están concibidos como unha medida extraordinaria para axudar o tecido empresarial a paliar os efectos económicos negativos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e persoas traballadoras autónomas do termo municipal. 

 

O principal obxectivo de Activa Tui é apoiar aos sectores de servizos, comercio, hostalería e restauración do municipio de Tui, tratando de impulsar o consumo de proximidade a través da posta en funcionamento dos bonos “ACTIVA TUI” para investir nos establecementos comerciais.

Os establecementos interesados deben cubrir o formulario habilitado en tui.gal a partir de mañá, 13 de xaneiro. Antes do 1 de febreiro publicarase a listaxe con todos os establecementos participantes.

Dende o 1 de febreiro as persoas, maiores de 16 anos, poderán obter un máximo de dous bonos de compra por valor de 10 €, que poderán canxear en compras iguais ou superiores a 25 euros nos establecementos adheridos á campaña até o 30 de marzo. Estas datas poden sufrir variacións en funcións das medidas restritivas e da situación epidemiolóxica no municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí