Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui fai un chamamento á responsabilidade e ao cumprimento da normativa para evitar contaxio pola COVID19

Os festexos en espazos público requiren de autorización municipal e o cumprimento dunha serie de requisitos

Os festexos en espazos público requiren de autorización municipal e o cumprimento dunha serie de requisitos

Fecha: 24 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui fai un especial chamamento á responsabilidade e ao cumprimento da normativa para evitar contaxios pola COVID19.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así o expón facendo especial fincapé na celebración de eventos privados ou públicos. Indica o rexedor que "estamos observando que os contaxios estanse producindo na realización de eventos, tanto de carácter público como privado, que supoñen a congregación dun determinado número de persoas". Por este motivo fai un chamamento á responsabilidade dos organizadores deste tipo de eventos solicitando "moita cautela, sobre todo a aquelas concentracións familiares, xa que calquera tipo de concentración de persoas supón un risco serio e moi elevado de contaxio, sobre todo se non se gardan as normas establecidas". Engade o rexedor tudense que os eventos públicos son os máis preocupantes. Nese senso lembra que requiren de autorización municipal, declaración do compromiso do cumprimento dos protocolos para evitar o contaxio pola COVID19 ou de seguro de responsabilidade civil. Advirte o rexedor que dende o Concello se vai ser moi estritos con aqueles eventos que non estean autorizados, polo que darán aviso ás forzas de seguridade para que inspeccionen e fiscalicen calquera evento que se celebre nun espazo público para que cumpra coas normas establecidas.

Ao tempo dende o Concello de Tui faise un chamamento tamén á responsabilidade individual de cada un de nós para o uso de máscara, lembrando a súa obrigatoriedade, e para gardar a distancia de seguridade establecida.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones