Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tui non celebrará este ano nin o desfile de Entroido nin o Enterro do Bacallau

Tras reunirse coas comparsas participantes nos últimos anos tomouse esta decisión

Tras reunirse coas comparsas participantes nos últimos anos tomouse esta decisión

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui non organizará este ano nin o tradicional Desfile de Entroido de comparsas e grupos nin o Enterro do Bacallau ao considerar que debido á pandemia, non se dan as condicións axeitadas para as súa celebración.

Antes de tomar esta decisión o Concello de Tui mantivo dúas reunións para coñecer o parecer e as perspectivas para este ano das comparsas que adoitan acudir ao Entroido Tudense. Á primeira delas foron convocadas catro comparsas tudenses e á segunda foron citados os representantes de 22 comparsas que nos últimos anos teñen acudido á cita co Entroido tudense.

Tras escoitar o parecer das distintas comparsas, algunhas delas paradas este ano, e avaliar a actual situación, dende o concello de Tui tómase a decisión de non celebrar nin o Desfile de Entroido nin o Enterro do Bacallau.  Acórdase tamén estudar outro tipo de celebración deste festexo, que sexa viable nas actuais condicións, e que cumpra coa normativa establecida. Un tema no que se está a traballar nestes momentos.  Con respecto aos dous grandes eventos do Entroido tudense aproveitarase o parón deste ano, para, escoitando ás comparsas, estudar posibles cambios a aplicar de cara a 2023 para potenciar así este festexo tradicional.

Dende a concellería de Cultura, quérese agradecer as comparsas convocadas a súa asistencia ás reunións celebradas, así coma o seu parecer, tendo en conta que sen elas esta celebración non sería posible, e agardando que o ano que ven, se poidan levar a cabo estes eventos xa nunha situación de normalidade.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explica que decisión foi tomada de forma conxunta coas comparsas. Sinala que “a realidade é que non había un grupo mínimo para poder conformar un desfile coas condicións mínimas, e nos vemos abocados a non celebralo”. Engade que “incluso plantexamos cambio de percorrido… pero era literalmente imposible levalo a cabo”. De todos xeitos anuncia que “algo dende o concello se fará con todas as medidas de seguridade” e convidá á cidadanía a “a que o Martes de Entroido se disfrace e viva o Entroido aínda que non teña lugar o Concurso-Desfile”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí