Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui pon en marcha o programa Feminino Plural para impulsar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

A Aula da UNED acollerá o martes, 26 de xullo, ás 12 h a presentación deste novo programa

A Aula da UNED acollerá o martes, 26 de xullo, ás 12 h a presentación deste novo programa

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui presentará o martes, 26 de xullo, ás 12:00h na Aula da UNED, o innovador programa Feminino Plural. Desenvolverase ao longo deste mes de xullo, agosto e setembro co obxectivo de impulsar a promoción da igualdade e previr a violencia de xénero. 

Dende a concellería de Igualdade van desenvolver esta acción cunha equipa multidisciplinar formada por unha xurídica, unha psicóloga, unha axente de igualdade, unha orientadora laboral, unha técnica de prospección e intermediación laboral e traballadoras sociais. Está financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, dependente da Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Concello de Tui.

Trátase dun programa intensivo e integral que contará cunha metodoloxía baseada na perspectiva de xénero. Brindará ás participantes atención profesional personalizada na  busca da recuperación da identidade e autonomía das mulleres e a restauración dos seus proxectos vitais.

Feminino Plural vai dirixido, específica e exclusivamente, a mulleres en situación de vulnerabilidade, é dicir mulleres en situación de desemprego menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, desempregadas de longa duración, con responsabilidades familiares non compartidas, con diversidade funcional, vítimas de violencia de xénero, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas, pertencentes a unha minoría étnica, entre outras.

Para participar  no programa deberán contactar co 664 552 493, enviar un  correo electrónico a igualdadetui@tui.gal ou acudir o próximo martes, 26 de xullo, ás 12:00h, á presentación do programa na Aula da UNED. Neste encontro ofreceranse os detalles do programa e as mulleres interesadas que poderán participar de xeito integral en todo o programa ou solicitar cita cunha das profesionais da equipa.

En Feminino Plural compaxinarase a atención especializada e individualizada con obradoiros grupais, co obxectivo de aportar ás participantes as ferramentas  necesarias para acadar a súa independencia e autonomía en todos os ámbitos da súa vida como principal camiño cara unha igualdade real e efectiva.

O programa celebrarase tanto no centro urbano coma nas parroquias no caso de haber un mínimo de 8 persoas inscritas en cada parroquia.

Así esta actividade constará de obradoiros, titorías individualizadas, asesoramento xurídico e psicolóxico, orientación laboral ou social. O próximo martes, na presentación, darase a coñecer o programa completo a desenvolver.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí