Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concello de Tui pon en marcha un proceso de dinamización da participación da infancia

A primeira iniciativa será a celebración dun pleno infantil, monográfico sobre a violencia de xénero, este venres ás 11.30 h na casa do concello

A primeira iniciativa será a celebración dun pleno infantil, monográfico sobre a violencia de xénero, este venres ás 11.30 h na casa do concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

Dar voz ás preocupacións, inquedanzas e propostas da poboación máis nova do municipio, nenos, nenas e adolescentes, é o obxectivo do proceso de dinamización da participación infantil que vén de pór en marcha o Concello de Tui. A medio prazo buscarase poder chegar á declaración de Tui coma cidade amiga da infancia pola UNICEF.

A primeira iniciativa levarase a cabo este mesmo venres, 18 de novembro, ás 11.30 h, coa celebración dun pleno infantil, no salón de sesións da casa do concello, coincidindo do Día dos Dereitos da Infancia que se conmemora este domingo 20 de novembro.  No mesmo están convidados a participar representantes de todos os centros educativos tudenses, acompañados polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e os membros da corporación municipal. Abordarán de xeito monográfico a violencia de xénero, abrindo así tamén con este acto o programa organizado polo Concello con motivo do 25N.  

O Concello de Tui asume o compromiso de ter en conta, nas normativas e políticas públicas, nos orzamentos e en todas as decisións que lles afecten, as propostas, suxestións e inquedanzas que a poboación infantil e adolescente transmita nas diferentes iniciativas que se van desenvolver o proceso de dinamización da participación infantil e adolescente que agora se pon en marcha

Este proxecto de participación no que ao longo dos próximos meses participarán máis de dous mil nenos, nenas e adolescentes do concello, pretende ser o punto de partida para novas políticas locais de infancia e adolescencia, baseándose nun diagnóstico da realidade feito polos propios rapaces, e cun enfoque centrado no cumprimento dos seus dereitos recoñecidos na Convención dos Dereitos do Neno.

Ana María Núñez, concelleira de Igualdade e Mocidade e promotora da iniciativa, mantivo contactos cos representantes dos centros escolares para presentarlles a iniciativa e coordinar con eles as primeiras actividades, xa que considera que “o papel dos centros educativos é fundamental para impulsar este proceso”.

Durante estas conversas, a concelleira comprometeuse xa a darlle voz aos nenos e ás nenas do municipio este mesmo venres día 18, no pleno infantil, que será retransmitido a través da canle de Youtube do Concello e pola Radio Municipal.

Amais o Concello de Tui ten programadas outras iniciativas para situar aos nenos, nenas e adolescentes no centro das políticas locais. Así por unha banda crearase un grupo de traballo estable de nenos e nenas, en representación do conxunto da infancia e adolescencia do municipio. Este grupo, que se reunirá mensualmente, terá carácter consultivo e informativo, e traballará contidos e propostas concretas de interese para a infancia, estudará boas prácticas doutros grupos de participación e coñecerá as areas de competencia de cada un dos concelleiros/as da corporación.

Tamén está prevista a realización de obradoiros en todos os centros educativos e parroquias para promover os dereitos da infancia, especialmente o dereito a participar e ser escoitados, animando así a participación, a instalación de caixas de suxestións en cada un dos centros, a elaboración de enquisas a través de internet, a constitución dunha mesa de coordinación interna para promover a transversalidade nas políticas de infancia e a posta en marcha dun perfil específico nas redes sociais co que dar maior visibilidade a todo este traballo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí