Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui presenta aos clubs deportivos tudenses a nova aplicación para a tramitación das subvencións

Coa APP Cluber durante un ano, de xeito gratuíto, poderán realizar a xestión da entidade

Coa APP Cluber durante un ano, de xeito gratuíto, poderán realizar a xestión da entidade

Fecha: 16 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tui

Os clubs deportivos tudenses teñen ao seu dispor unha aplicación móbil para a xestión das subvencións nominativas do Concello de Tui.

Hai uns días o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Deportes, Rafael Estévez e o responsable da empresa Cluber, Diego López, presentaron ás entidades deportivas tudenses esta aplicación contratada polo concello, para facilitar a tramitación destas subvencións. En concreto a través desta app os clubs poden ir completando toda a documentación que precisarán no momento de solicitar a achega municipal. De xeito moi sinxelo e visual poden subir á APP os estatutos, directiva, fotografías... e outros documentos requiridos. No momento en que se abra o prazo para a presentación de solicitudes das subvencións nominativas o club poderá xerar o documento a través de Cluber e descargalo para presentalo a través da sede electrónica do Concello de Tui.

Con esta aplicación facilítase a tramitación, converténdose nun proceso sinxelo que se pode ir avanzado coa compilación de toda a información para ter todo listo no momento da convocatoria das achegas por parte do Concello. Amais, a través desta aplicación os clubs poderán realizar toda a xestión da entidade de forma gratuíta durante un ano. Así poderán dende dar de alta aos xogadores, cobrar as cotas de socios, enviar comunicacións a xogadores e xiareiros, entre outras funcionalidades.

Na reunión celebrada hai uns días, á que asistiron representantes de 19 entidades deportivas tudenses, tanto o alcalde, Enrique Cabaleiro, coma o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, comunicaron que, pese as excepcionais circunstancias que estamos a vivir, se van a manter dende o Concello as subvención nominativas a clubs deportivos. En canto á achega municipal para probas deportivas que non se puideron celebrar nos últimos meses debido á pandemia da COVID-19, os responsables municipais avanzaron que ese importe económico se destinará á mellorar as instalacións deportivas.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones