Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tui recibe a doazón dun óleo de Eduardo Padín

Mercedes Álvarez Caramés fixo entrega do cadro do pintor tudense

Mercedes Álvarez Caramés fixo entrega do cadro do pintor tudense

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O sábado 2 de xulo, no salón de sesións da casa do Concello tivo lugar o acto de entrega dun óleo da autoría do pintor tudense Eduardo R. Padín Rodríguez ao Concello de Tui por parte de Mercedes Álvarez Caramés. No acto estiveron presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación municipal, a responsable da doazón, Mercedes Álvarez Caramés, e membros da súa familia.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu o xeneroso xesto de Mercedes Álvarez Caramés e a súa familia de entregar ao Concello esta obra para que deste xeito poida ser contemplada pola cidadanía, pois estará exposta na Casa do Concello.

Pola súa banda, Álvaro Álvarez Caramés, que falou en nome da doante e a súa familia, expresou a súa satisfacción por este acto pois o desexo da familia e que esta obra de Eduardo Padín figure xunto ao lenzo do seu pai, Ricardo Padín, doado por Dolores Rodal o pasado ano ao concello tudense. “Que esta obra sirva para lembrar a Eduardo Padín para sempre en Tui xunto a outra do seu pai. Cremos que poderían ser dúas obras dignas para o futuro Museo de Tui que moitos tudenses anhelamos”.

Roberto Eduardo Padín Rodríguez

Nace en Tui o 13 de outubro de 1886, seu pai era Ricardo Padín tamén un destacado artista (o Concello de Tui recibiu en doazón de Dolores Rodal o pasado ano a obra “Vista de Tui” do ano 1870). Cursa os seus primeiros estudos no Seminario da cidade e, como sinala Clodio Gónzalez Pérez, “logo abandonou os estudos e dedicouse a outras labores, entre elas a de pintar: obras primeirizas son as pinturas da capela do Seminario, algúns cadros para o convento de monxas franciscanas, o telón para o monumento da Semana Santa das Clarisas, as vidrieiras do desaparecido pazo episcopal...”.

No ano 1916 publica os seus primeiros debuxos ou “monos” na revista “Vida Gallega”, que pola boa acollida axiña figuran na portada da publicación. Eduardo Padín será entre 1924 e 1927 subdirector da revista e colaborador ata a súa desaparición o 30 de xaneiro de 1935. En 1923 comeza tamén a súa colaboración en “Faro de Vigo”, no ano seguinte participa con varios cadros humorísticos no semanario tudense “La Semana” e noutras publicacións como “La Integridad” de Tui, “La Región” de Ourense, “El Pueblo Gallego” de Vigo, “E Ideal Gallego” de A Coruña, etc.

Dende 1930 establécese en Vigo traballando como administrativo nu garaxe até a súa xubilación. Eduardo Padín morreu aos 92 anos de idade o 6 de xaneiro de 1979.

Da súa obra pictórica hai numerosos exemplos espallados por Tui, Vigo e numerosas cidades pois realizou unha obra ampla e abondosa, caracterizada polo seu dominio do debuxo e o seu realismo así como o achegamento a novos estilos artísticos.

Eduardo Padín Rodríguez salientou tamén pola súa iniciativa en numerosos ámbitos da vida social: era un animador entusiasta das sociedades de recreo tudense, logo en Vigo foi, entre outras cousas, presidente da sociedade de “Amigos del Arte” que organizou, por exemplo, a exposición dos traballos da aula de debuxo o modelado do Instituto de Segunda Ensinanza tudense, que dirixía o profesor Prieto Coussent, nos Salóns de Faro de Vigo na primavera de 1935.

Forma parte dunha xeración de humoristas gráficos galegos que desenvolveron a súa actividade nas tres primeiras décadas do pasado século (como Castelao, Vidalés Tomé, Maside, Torres, Díaz González, Leumas, Osés, etc.). Tamén participa da xeración de ilustradores tudenses das primeiras décadas do século XX con José Castro Arines, Rafael García Sánchez, José Izquierdo Durán o Guillermo Taboada Infante.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí