Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tui reformará o Pantalán de Pescadores na desembocadura do Tripes con cargo a fondos europeos

A remodelación forma parte do proxecto -Río Miño: un destino navegable- e permitirá o atraque de barcos turísticos

A remodelación forma parte do proxecto -Río Miño: un destino navegable- e permitirá o atraque de barcos turísticos

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

O Pantalán de Pescadores de Tui, situado nas inmediacións do Centro Interfederado de Tui,  na desembocadura do río Tripes vai ser reacondicionado e remodelado dentro do proxecto “Río Miño: un destino navegable”aprobado polo programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). As obras foron adxudicadas a empresa tudense Ronáutica Quality Marinas S.L por un importe de 47.884.30 €

 

A remodelación prevista permitirá o uso compartido desta infraestructura para o atraque de barcos turísticos que naveguen polo Miño e os pescadores e particulares que utilizan actualmente este pantalán como punto de amarre.

 

As actuacións previstas dentro deste Programa farán posible posicionar ao río Miño transfronteirizo como un destino turístico de referencia, potenciando actividades de turismos sostible como rutas polo río que inclúan visitas a distintos puntos das beiras do Miño. Para acadar estes obxectivos faise imprescindible a mellora da navegabilidade neste tramo, para o que,  ademais doutra serie de actuacións, é necesario instalar pantaláns de atracada que faciliten o acceso ás diferentes zonas que se propón visitar.

 

Os traballos previstos contemplan a substitución do chan de madeira existente no pantalán por un piso de composite, a substitución da pasarela existente por unha nova máis ancha, e o cambio da plataforma  de acceso actualmente en terra por unha estrutura de aluminio con piso de composite. Ademais, tamén levarase a cabo o recrecido dunha das patas do tramo fixo, a substitución do portalón existente por un situado no tramo fixo de acceso, e a montaxe dunha peza de conexión co pantalán, en forma de T baixo a pasarela e o atraque.

 

Ademais con esta remodelación dotaráse de mobiliario a zona  instalando  dous bancos de 1,8 metros de lonxitude, e unha pérgola de 4x2 metros cadrados con estrutura de perfís de aluminio encostados ao muro traseiro e lamas de aluminio orientables mediante un dispositivo manual. Amáis colocarase un cartel indicativo de madeira serigrafiado de 1,60x1,0 metros, e instalarase duas flechas sinalizadoras nas cercanias deste pantalán.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí