Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal amplía a información turística na súa web

A páxina incorpora localizacións e información sobre puntos de interese do concello

A páxina incorpora localizacións e información sobre puntos de interese do concello

Fecha: 10 de Agosto de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal vén de implementar unha nova área de información turística na súa web coa que dar a coñecer os puntos de interese do municipio rosaleiro. Esta actualización adquire maior importancia ao permanecer fechada na actualidade a oficina de información turística municipal debido á situación de crise pandémica.
A web achega ademais nova información sobre localizacións e puntos de interese e propón cinco plans imprescindibles para todo aquel que queira coñecer as virtudes naturais e patrimoniais do Rosal. Neles pódese atopar información de emprazamentos de alto valor paisaxístico e natural como os miradoiros da Portela e do Niño do Corvo, as áreas recreativa das Aceñas e do Tamuxe, as sendas homologadas dos Muíños do Folón e do Picón ou da Senda dos Pescadores entre outros moitos.
Durante o mes de agosto continúan a ofrecerse as visitas guiadas ás sendas dos muíños do Folón e do Picón e á senda dos pescadores.
Ademais de información adicional, na web ofrécese información sobre as ubicacións dos puntos de interese, coa posibilidade abrilas en calquera aplicación de mapas, datos sobre a ficha técnica e o nivel de dificultade das rutas de sendeirismo ou a posibilidade de descargar un documento "pdf" para poder consultar todos estes datos sen necesidade de conexión a internet. No caso por exemplo da ruta dos muíños do Folón e do Picón pódese acceder tamén a vídeos explicativos en galego, español e inglés, accesibles tamén durante a ruta mediante códigos QR.
Aparte de poder consultar estas novas achegas presentes na web, calquera persoa que precise información adicional pode pasar polo concello de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones