Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal aposta pola colaboración co tecido asociativo e agradece o seu gran traballo nun ano tan complicado

Os orzamentos para este 2021 duplican o investimento en asociacións de carácter social e mantén o seu apoio para o resto

Os orzamentos para este 2021 duplican o investimento en asociacións de carácter social e mantén o seu apoio para o resto

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Febrero de 2021

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal continúa a apostar pola colaboración co tecido asociativo, eixo fundamental no desenvolvemento do municipio. A colaboración da alcaldesa coas asociacións comezou o ano pasado ao abeiro do programa A veciñanza conta e a pesar das circunstancias co COVID-19 mantívose a colaboración entre a entidade local e as mesmas camiñando da man para adaptarse á nova realidade, priorizando sempre a saúde pública.

Dende o Concello quérese agradecer a todas as asociacións rosaleiras o gran traballo levado a cabo no municipio, especialmente nestes meses tan complicados. “Queremos louvar a capacidade de adaptación que tiveron en todo momento, sendo capaces de tomar todas as medidas necesarias para continuar coa súa actividade de xeito seguro, tanto no eido do deporte e a cultura como no ámbito social”, recoñece a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A rexedora salienta a capacidade dos rosaleiros e rosaleiras para, a pesar das circunstancias, converter ao Rosal nun exemplo de dinamismo cultura, deportivo e social. “Fomos capaces de entender que a prioridade era a saúde das persoas e que, lonxe de paralizarnos, tiñamos que reinventarnos e adaptarnos á realidade que nos tocou vivir. Por iso apostamos por continuar cunha actividade social, cultura e deportiva segura, mínima, organizada e controlada na que as asociacións xogaron un papel fundamental coa súa colaboración para que todo continuara aínda que fora dun xeito distinto e para que os nenos e nenas seguiran practicando as súas actividades con total seguridade nas escolas deportivas e musicais”, explica.

Este agradecemento reflíctese nos orzamentos para este ano 2021 e no Plan Estratéxico de Subvencións, que duplica o investimento para entidades de carácter social e manteñen o apoio ao resto de asociacións. Para a alcaldesa, estes “son momentos moi complicados nos que temos que camiñar xuntos na mesma dirección. E como exemplo temos a celebración da cabalgata dos Reis Magos, un acto simbólico no que todas as asociacións tiveron a capacidade de converterse en colaboradores para levar a ledicia a todos os barrios do Rosal nunha data tan sinalada pensando sempre que a saúde das persoas é o máis importante”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí