Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello do Rosal atenderá ao público só con cita previa

Ante a situación sanitaria actual, dende este mesmo martes 26 de xaneiro será necesario pedir cita para calquera servizo administrativo

Ante a situación sanitaria actual, dende este mesmo martes 26 de xaneiro será necesario pedir cita para calquera servizo administrativo

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Enero de 2021

Fuente: Concello do Rosal

Ante a actual situación sanitaria, na que Sanidade sitúa a todos os concellos de Galicia en nivel de alerta máximo, o Concello do Rosal pasará desde este mesmo martes 26 de xaneiro a atender ao público soamente con cita previa. Poderá solicitarse chamando ao teléfono 986 62 50 00 ou enviando un correo electrónico ao enderezo notifica@concellodorosal.es. A duración ou modulación desta medida preventiva dependera da evolución da situación e das directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Esta medida afectará a todos os servizos administrativos municipais, agás o rexistro de entrada, que continuará funcionando con todos os protocolos de prevención necesarios para facilitar o acceso á veciñanza e minimizar o risco de contaxio. Dende o Concello anímase a todos os veciños e veciñas a que realicen todos os trámites posibles a través da sede electrónica e que limiten a solicitude de cita previa para causas necesarias e trámites imprescindibles.

“Somos conscientes do complicado da situación, pero agora máis que nunca debemos ser responsables ante o que estamos a vivir e tomar todas as medidas que poidamos para tentar frear a pandemia. Queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade pero tamén lembrar que é importante non relaxarse porque estamos ante un momento decisivo para tratar de dobregar a situación e volver pouco a pouco á normalidade. Seguir neste camiño de recuperación vai depender de todas e todos nós. Por iso, agora máis que nunca, debemos de estar unidos ante este reto colectivo”, recorda a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Toda a información será ampliada ou actualizada a través da web municipal, concellodorosal.es, e das páxinas oficiais do Concello do Rosal en Facebook e Twitter.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí