Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello do Rosal capta 150.000 euros de fondos europeos para a Escola de Pías

O Goberno municipal acadou unha axuda do programa DUS 5000 para subvencionar as obras de mellora enerxética realizadas na escola unitaria

O Goberno municipal acadou unha axuda do programa DUS 5000 para subvencionar as obras de mellora enerxética realizadas na escola unitaria

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Marzo de 2023

Fuente: Concello do Rosal

A reforma integral da Escola Unitaria de Pías foi o primeiro gran paso na estratexia do Concello de remodelación progresiva de todos os centros do CRA María Zambrano, un investimento de arredor de 200.000 euros para os que o Goberno municipal captou fondos europeos para o seu financiamento, O Concello vén de conseguir unha subvención de case 150.000 euros para as obras de mellora de eficiencia enerxética que se realizaron na Escola de Pías, coas que se fixeron grandes esforzos para a modernización duns centros dos que a única competencia que ten é de mantemento.

Para a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, a transformación feita neste edificio construído na década dos anos 50 “é un exemplo da clara aposta que estamos facendo dende o Goberno municipal para poñer en valor a educación de proximidade e pola recuperación de inmobles de gran valor patrimonial seguindo sempre a liña da eficiencia enerxética e a sostibilidade medioambiental”.

Por unha banda, conseguíronse máis de 130.000 euros para os traballos realizados de redución da demanda e do consumo enerxéticos, que consistiron na renovación completa do sistema do alumeado interior e da carpintería, así como das instalacións eléctricas, a instalación dun novo illamento térmico e unha nova soleira que impermeabiliza o contacto co chan ou o illamento do teito e a instalación dun sistema de protección solar.

Para a renovacións das instalacións de xeración térmica renovable e redes de frío e calor, concedéronse case 18.000 euros destinados a financiar os traballos realizados de instalación do sistema de aerotermia con bomba de calor de alta eficiencia, de incorporación de chan radiante para substituír os radiadores eléctricos de alto consumo ou de posta en marcha dun sistema de renovación do aire interior con ventilación mecánica e recuperación de calor para garantir a calidade de aire sen gastar enerxía na climatización. Con estas medidas, o Concello conseguiu reducir ata en oito veces as emisións de CO2 ocasionadas.

Con estas obras de melloras o Concello dá solución “aos dous buratos negros de consumo detectados na auditoría enerxética municipal, as escolas unitarias e as luminarias públicas, para as que tamén conseguimos 1,2 millóns de euros de fondos europeos para a súa renovación”, salienta a rexedora.

Dende o Concello do Rosal fíxose un grande esforzo para captar esta subvención para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa ao abeiro da liña de axudas da DUS 5000, financiado con fondos europeos Next Generation EU no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia xestionado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí